Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Educación ambiental e cultura da sustentabilidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A5 A6 A7 A9 A10 A11 A18 B2 B3 C3 C4 Asistencia e participacion nas aulas expositivas
Asistencia e participación nas aulas interactivas (exposición de traballos, de leturas recomendadas, elaboración de documentos...)
Realización e entrega dos traballos propostos para facer en pequenos grupos (deseño de actividades, avaliación de materiais e recursos...)
10
Estudo de casos A1 A5 A6 A7 A8 A10 A11 A20 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C4 C6 C8 Traballos individuais ou en pequeno grupo (segundo indicacións en cada caso) sobre textos, recursos ou experiencias solicitados nas sesións de aulas 20
Presentación oral A9 A20 B2 B3 B6 C3 C6 Dos traballos en pequeno grupo: trátase da defensa das propostas para ser avaliada de forma conxunta entre as personas que o realizan (autoavaliación), o resto do alumnado (interavaliación) e a profesora, como parte do proceso e antes da entrega do traballo definitivo. Non ten cualificación até o final
10
Saídas de campo A1 A5 A11 A20 B2 B3 C4 C6 C8 Trátase dun traballo teórico-práctico no que antes-durante e tras a visita a unha experiencia de educación ambiental o alumnado recolle observacións, información e fotografías que lle permitirán realizar avaliacións das experiencias 10
Sesión maxistral A1 A5 A11 A20 B3 C4 C6 C8 Asistencia e participación 10
Discusión dirixida A1 A20 B3 B4 B5 B6 C4 C6 C8 Presentación das ideas principais de 1 dos 3 libros obligatorio na aula, coa finalidade de que o alumnado que non o leu poda presentar de forma argumentada as 3 ideas que lle resultaron máis interesantes. É obligatoria a asistencia á exposición dos 3 libros e a presentación das ideas principais dos 2 libros non lidos.
As persoas que non asistan ás 3 discusións dos libros deben entregar a recensión de 2 dos 3 libros propostos.
10
Investigación (Proxecto de investigación) A6 A7 A8 A9 A15 Traballo en pequeno grupo que consiste en deseñar de forma colaborativa unha exposición interactiva sobre o tema acordado nas aulas e seguindo o proceso proposto para a súa realización 30
 
Observacións avaliación

As persoas que asisten asiduamente ás aulas (80% de asistencia) serán avaliadas por: 

1. Proxecto de investigación/deseño de proposta expositiva (30% da nota). Obligatorio

2. Traballos realizados (nas sesións presenciais ou no traballo autónomo) que corresponde aos epígrafes de presentación oral, aprendizaxe colaborativa (10%), estudo de caso e saídas de campo (30% da nota)

3. Presentación oral dun dos libros obligatorios e realizar un traballo escrito de síntese sobre a presentación dos outros 2 seguindo as indicacións da profesora. As persoas que non asisten á presentación dos libros deben entregar a recensión de 2 dos 3 libros (1. breve presentación das autor/as; 2. ideas principais de cada capítulo;
3. conclusións relacionando os obxectivos do libro, coas achegas e
desenvolvemento que fan as autor/as; 4. reflexión persoal) (10% da nota) Obligatorio

4. Asistencia e participación e sesión maxistral (20% da nota)

Para aprobar é necesario ter aprobadas cada unha das partes
 
As persoas que non acadan o 80% da asistencia deben solicitar con anterioridade no Decanato a dispensa e entregar a aprobación da mesma, ademáis dos seguintes traballos:

1. Realizar a recensión de 2 dos 3 libros sinalados anteriormente (1. breve presentación das autor/as; 2. ideas principais de cada capítulo;
3. conclusións relacionando os obxectivos do libro, coas achegas e
desenvolvemento que fan as autor/as; 4. reflexión persoal)
2. Avaliar un equipamento para a educación ambiental
aplicando os criterios da Carta Galega de Calidade para os centros e entidades
de educación ambiental



3. Análizar e comparar















entre o Libro Blanco de la Educación Ambiental en
España e da Estratexia galega de Educación Ambiental o Programa Fenix o Plan de
Acción de Educación Ambiental para la Sostenibilidad e relacionar cos Obxectivos
para o Desenvolvemento Sostible



4. Avaliar unha exposición dos Museos Científicos da cidade, segundo as indicacións facilitadas
5. Examen final (pode traer o material que considere oportuno)

Para poder presentarse ao examen é necesario entregar con ANTERIORIDADE os traballos sinalados. Para aprobar é necesario ter aprobadas cada unha das partes

"A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade
na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese
cometido. Nas actas figurará como suspenso ou non presentado nesta
oportunidade
".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes