Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Historia da educación
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer, comprender e discutir críticamente, de forma autónoma e colectiva, os fundamentos sociais da historia da educación e da memoria escolar, así como a elección de materiais e recursos que favorezan o desenvolvemento integral e a construción dun pensamento crítico, tanto en alumnado como no profesorado. Establecer relacións sociais baseadas na cooperación, a equidade e a xustiza social; tratando de comprender, a partir da procura e discusión de información adecuada e reflexionar críticamente sobre os valores que acompañan ás prácticas docentes deseñadas e/ou desenvolvidas, así como actuar para a transformación e mellora das mesmas na dirección do cambio social. Coñecer, comprender e discutir críticamente de forma autónoma e colectiva os procesos fundamentais da historia relacionados co noso sistema educativo, apoiados no desenvolvemento da cooperación, a democracia e a necesidade de procesos de investigación na acción participante permanentes para a transformación social; sabendo buscar fontes de información adecuadas para a reflexión sobre as mesmas que lle permitan ser capaz de xerar procesos que contribúan á deconstrucción de tales procesos do pasado para compremder o presente. Coñecer, analizar e discutir fontes de información básicas para o contido desta materia, sendo capaz de abordar de forma autónoma a responsabilidade das súas aprendizaxes e traballar en equipo con compañeiros e compañeiras; contribuíndo a facer da aula universitaria unha comunidade de aprendizaxe educativa; xerando procesos de procura, selección e discusión de fontes de información adecuados, tanto individuais, como colectivos; baseados na reflexión crítica que lle permitan deconstruir tanto as contornas de ensino-aprendizaxe deseñados e ofrecidos para o desenvolvemento da súa profesión, as experiencias de formación inicial respecto diso nas que están inmersos como estudantes universitarios, como as propias experiencias escolares temperás vividas como alumnos e alumnas no sistema educativo. A2
A5
A14
A16
A20
B1
B2
B5
B6
C1
C3
C4
C7
C8
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes