Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Historia da educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A5 A14 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. 10
Lecturas A2 A16 Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados. 15
Presentación oral B6 C1 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. 10
Recensión bilbiográfica B1 B2 A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia. 20
Sesión maxistral A20 B5 B6 A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
5
Traballos tutelados B1 C3 C4 C7 C8 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
40
 
Observacións avaliación

 - O profesor debe ter identificado a cada alumno mediante unha ficha onde vai realizando o seguimento, polo que é necesario que nas primeiras sesións de clase, cada alumno/a entregue a dita ficha con foto e debidamente cumprimentada.


- A puntualidade, a regularidade da asistencia ás sesións de clase así como o interese amosado, a actitude diante da materia e das actividades, e a participación e colaboración serán aspectos obxecto de avaliación. Sendo así, o alumno ou alumna que acumule máis de tres faltas de asistencia deixa de considerarse asistente pasando a ser avaliado seguindo outros criterios.


- Aqueles alumnos ou alumnas que por causas excepcionais non poden asistir regularmente ás clases presenciais, ás interactivas ou a ambas, é necesario que o xustifiquen debidamente para poder ter dereito a unha avaliación axustada ás súas necesidades, evitando agravios co resto do alumnado. 


- O alumnado regularmente asistente será avaliado segundo a proporción que segue: Traballo individual de investigación (60%); proba escrita tradicional (20%); traballos colectivos (10%), aspectos actitudinais (regularidade, puntualidade, interese, participación, colaboración...) (10%). Ter superado o traballo individual é requisito indispensable para aprobar a materia en primeira convocatoria malia ter aprobado o exame incluso coa máxima puntuación (20%). 

No caso de non ter presentados os traballos correspondentes na convocatoria de xaneiro, e figurar como non presentado, para a convocatoria de xullo ditos traballos só puntúan, aumentando a calificación, se o exame está aprobado. En ningún caso o traballo decide o aprobado do alumno ou alumna que teña suspendido o exame desa convocatoria.


-Para poder ser avaliado, cada alumno ou alumna debe ter entregado os traballos (individuais ou colectivos) propostos, en tempo e forma. En caso contrario, considérase NON PRESENTADO. Do mesmo xeito, é conveniente que se utilicen as horas de atención ao alumnado para solventar dificultades relacionadas co desenvolvemento dos traballos individuais ou colectivos, coa marcha da materia, aclarar dúbidas, etc.

O profesor non avaliará aqueles traballos individuais dos que non se teña constancia do seu proceso de elaboración.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes