Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Historia da educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A20 A8 A20 B16 B6 C3 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
No caso da materia de Historia da Educación, os traballos en pequeno grupo, ou de aprendizaxe colaborativa,son avaliados cunha carga do 10% sobre o total da avaliación da materia.
20
Proba de ensaio B7 B10 B12 Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
No caso da materia de Historia da Educación, a proba de ensaio, baseada nos contidos básicos da materia, prepárase a partir dos traballos realizados en pequeno grupo (traballo colaborativo); dos apuntamentos tomados durante as sesións expositivas de xeito individual; tratando de integrar lecturas, debates, reflexións e documentos traballados durante as diferentes sesións de clase. A oroba de ensaio ten unha carga do 20% sobre o total da avaliación da materia.
20
Recensión bilbiográfica B10 B12 B1 B2 A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia.
No caso da materia de Historia da Educación tense en conta o grao de elaboración, os aspectos que se abordan especialmente no apartado crítico (comentario critico e conclusións) así como a capacidade para relacionar con aspectos dos contidos da materia e a súa experiencia persoal.
Cmo traballo de elaboración individual, ten unha carga de 10% sobre o total de avaliación da materia.
10
Traballos tutelados A20 A2 A3 A5 A6 A14 A16 B2 B10 B12 B5 C7 C1 C4 C7 C8 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
O traballo de iniciación á investigación histórico-educativa ten un recorrido de elaboración que abrangue todo o cuatrimestre e engloba diferentes accións: lectura, revisión e consulta bibliográfica; traballo de campo; elaboración de cuestionarios; realización de entrevistas; selección de información a partir de gravacións de audio; selección de información sobre arqueoloxía escolar, fotografía familiar ou memoria histórica segundo o caso... e elaboración dun documento final que recolle o correspondente informe de investigación, é un proceso de elaboración complexo e laborioso, pero tamén estimulante e enriquecedor. E precisa de atención continuada durante todo o proceso. De aí a necesidade dunha tutela sistemática e continua. A súa carga é do 50% sobre o total da avaliación da materia. É imprescindible superar este traballo para poder aprobar a materia.
50
 
Observacións avaliación
Os contidos e todas as actividades a desenvolver no marco do programa da materia realizaranse en lingua galega; e tratándose dun contexto de aprendizaxe como é o da Historia da educación, terase en conta a boa disposición do alumnado á hora de empregar este idioma, co debido respecto e atención, no desenvolvemento das diferentes actividades de clase, ben sexa de xeito oral ou escrito.

A puntualidade, a regularidade da asistencia ás
sesións de clase así como o interese amosado, a actitude diante da
materia e das actividades, e a participación e colaboración serán
aspectos obxecto de avaliación. Sendo así, o alumno ou alumna que
acumule máis de tres faltas de asistencia non xustificadas deixa de considerarse
asistente pasando a ser avaliado seguindo os criterios do alumnado non
asistente.

Aqueles alumnos ou alumnas que
por causas excepcionais non poden asistir regularmente ás clases
presenciais interactivas ou ás non presenciais, é necesario que o xustifiquen
debidamente para poder ter dereito a unha avaliación axustada ás súas
necesidades, evitando agravios co resto do alumnado. Estas
circunstancias deben ser expostas convenientemente ao profesor
ao inicio das clases, ou no momento en que se produzan, para
poder estudar a mellor opción en cada caso, en beneficio do alumno ou
alumna e o seu dereito á aprendizaxe en igualdade e equidade.

O alumnado regularmente asistente será
avaliado segundo a proporción que segue:

- Proba escrita convencional (Proba de ensaio) (60%). Que se desenvolverá sobre os contidos da materia na data sinalada oficialmente. En funcións das condicións sanitarias e das restriccións e recomendacións puntuais, poderá desenvolverse presencialmente ou a través de Teams. O alumnado disporá de toda a información necesaria, no seu momento, sobre este extremo. Esta proba consiste non desenvolvemento reflexivo, argumentado e aplicado, de 5 cuestións sobre os contidos da materia, previamente abordados nas sesións de clase e/ou nos diferentes traballos e tarefas encomendadas.

- Recensión bibliografica (15%). O alumnado realizará de xeito individual unha reseña bibliografica sobre un dos libros propostos ao comezo de curso, que deberá entregar, en tempo e forma, seguindo as indicacións do profesor para a súa elaboración.

- Traballos
colectivos
(15%). Ao longo do cuatrimestre, o alumnado realizará unha serie de traballos en pequeno grupo, referidos aos diferentes bloques temáticos, seguindo a proposta e recomendacións do profesor.

- Aspectos actitudinais (10%). Considérase importante a atención do alumnado aos seguintes aspectos: regularidade na asistencia, puntualidade no comezo das sesións de clase,
interese pola proposta de contidos e a metodoloxía para abordalos;
así
como tamén a súa participación en clase mediante unha actitude receptiva e crítica construtiva, e a
colaboración nos traballos individuais e colectivos. 

TRABALLO INDIVIDUAL VOLUNTARIO DE INVESTIGACIÓN. Consiste nun traballo tutelado polo
profesor sobre a proposta temática que se realice ao comezo de curso,
relacionada cos contidos teóricos da materia, mediante o cal se pon en
práctica aspectos fundamentais das metodoloxías descritas e se promoven
as respectivas competencias. Constará dunha parte de revisión
bibliográfica e outra de traballo de campo aplicando diversas
metodoloxías de investigación, segundo o caso.  É importante reseñar que se trata dunha actividade voluntaria que require un seguimento continuado na súa elaboración durante todo o cuatrimestre. Por ese motivo, non se avaliarán traballos de cuxa elaboración o profesor non teña constancia.

Por outro lado, a evidencia de plaxio neste ou noutros traballos presentados será obxecto de sanción, acarreando directamente o suspenso da materia, axustándose a cualificación ao establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da Rede, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".

-Para poder ser avaliado, cada alumno ou alumna debe ter entregado a totalidade dos
traballos (individuais ou colectivos) encomendados, en tempo e forma. En
caso contrario, considérase NON PRESENTADO. Do mesmo xeito, recoméndase utilizar as horas de atención ao alumnado para
solventar dificultades relacionadas co desenvolvemento dos traballos
individuais ou colectivos, coa marcha da materia, aclarar dúbidas, etc.

-Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as competencias lingüísticas en relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é primordial e obrigatorio a observación da normativa ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia. No caso da lingua galega, pode solicitarse asesoramento no Servizo de Normalización Lingüística da UDC.

-Sobre a entrega dos traballos, recoméndase non imprimir borradores, o uso de medios telemáticos e, de non ser posible, as impresións a dobre cara en papel reciclado. Sobre este aspecto, o profesor dará oportunas indicacións se é do caso.

-O alumnado de modalidades
específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade,
ou que teña recoñecida dedicación ao estudo a tempo parcial ou calquera outra situación excepcional, deberá informar debidamente da súa casuística ao profesor, e coa debida acreditación. Debe facerse NO INICIO DO CURSO, a efectos de poder adaptar a súa situación individual ás esixencias curriculares da materia, poder cumprir os criterios de avaliación aos que se someta o resto do alumnado e garantir a necesaria igualdade de condicións no proceso de aprendizaxe e de oportunidades na avaliación da materia.  Excepcionalmente, no caso de que o /a
estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera realizar
todas as probas de avaliación continua, o profesor adoptará as medidas
que considere oportunas para non prexudicar a súa cualificación.

-
No caso de estudantes con discapacidade, e dependendo da mesma,
o profesor arbitrará as probas oportunas contando co asesoramento da Unidade
Universitaria de Atencion á Diversidade (ADI).

- O alumnado de segunda oportunidade deberá realizar unha proba obxectiva que contará o 100% da cualificación, baseada nos contidos da materia.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes