Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Organización e xestión de institucións socioeducativas
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais obtidos a partir da análise dunha realidade (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Daranse indicacións específicas para orientar a análise dos datos audiovisuais derivados do achegamento á realidade para a súa diagnose.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador. Estará orientada a coñecer e diagnosticar a realidade sobre diversas cuestións de índole social que poden estar a incidir na comunidade educativa. Daranse indicacións máis pormenorizadas sobre a súa realización. Servirá para realizar propostas reflexivas dende a materia a distintos actores sociais.
Presentación oral Consistirá na exposición pública das conclusións do traballo de grupo ao resto do alumnado.
Estudo de casos Proporanse casos reais dos medios de comunicación ou simulacións ou documentos audiovisuais para a súa análise.
Actividades iniciais Faranse actividades introdutorias con diversos soportes ou metodoloxías: debates, formulación de hipóteses, simulacións dramatizadas, visionado de películas, que xirarán sempre en relación a un traballo teórico.
Proba de ensaio Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permitirá medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes