Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Organización e xestión de institucións socioeducativas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A1 A2 B1 B2 C1 C6 Criterios de revisión da proba:

1. Definición e/ou identificación das ideas chave.
2. Capacidade de síntese e concreción de ideas.
3. Coherencia e cohesión de ideas na argumentación.
4. Aplicación dos conceptos traballados.
5. Elaboración, análise, síntese e valoración crítica da información.
6. Análise e relación entre conceptos e conexión coa realidade social.
50
Análise de fontes documentais A1 A2 A5 B1 B3 Na análise documental valoraranse os seguintes aspectos:

1. Rigor na consulta e na análise das fontes.
2. Reflexión e afondamento sobre a temática tratada.
3. Conexión das ideas traballadas coa realidade social.
4. Comprensión e dominio dos contidos básicos.
20
Discusión dirixida B2 B6 C1 C4 C6 Os criterios de valoración deste apartado recolleranse nunha escala que terá en conta os seguintes ítems:

1. Claridade expositiva
2. Abordaxe dos contidos básicos da temática
3. Argumentación e fundamentación das súas ideas
4. Escoita activa e respecto no intercambio comunicativo
5. Actitude participativa
5
Presentación oral A15 B2 B6 C1 C8 Os criterios de valoración deste apartado valorarán os seguintes ítems:

1. Claridade expositiva e formato axeitado
2. Abordaxe dos contidos básicos da temática
3. Dominio conceptual e fundamentación bibliográfica
4. Nivel de cooperación e exposición do traballo como un conxunto, non como unha suma de partes
5
Estudo de casos A5 A6 A7 A15 A21 B5 A valoración do informe do estudo de caso se fundamentará nos seguintes criterios:

1. Axuste ao rexistro académico e claridade expositiva
2. Corrección gramatical e de formato
3. Abordaxe dos contidos traballados e dominio conceptual
4. Análise crítica e reflexiva con fundamentación bibliográfica suficiente


20
 
Observacións avaliación

Esta materia pertence ao programa "English Friendly"

A cualificación final terá o seguinte desglose:

Exame final, proba de ensaio, valor do 50% da nota final, sempre que nesta proba se supere a cualificación de 4 sobre 10.

Cualificación máxima do estudo de casos será do 20 % da cualificación, xunto coa presentación oral (5%).

Cualificación máxima da análise de fontes documentais será do 20% da cualificación, xunto coa discusión dirixida (5%).

Para aprobar en todos os casos o promedio da cualificación debe ser igual ou superior a 5 puntos.

De gozar de dispensa académica, segundo a normativa da UDC, terase en
conta para a avaliación unicamente a proba de ensaio, que terá por tanto
como valor ponderado na cualificación o 100%.

Para o estudantado que teña pendente a materia de cursos anteriores, pode optar por realizar de novo os traballos ou por realizar únicamente a proba de ensaio para a avaliación, que terá un valor ponderado do 100% na cualificación. Non se terán en conta os traballos avaliados en convocatorias anteriores. Debe comunicalo con nas primeiras sesiones do curso. 

IMPORTANTE-1: No caso de cometer un plagio ou realizar de forma fraudulenta as probas ou outras actividades de avaliación, a cualificación final será de suspensión na convocatoria na que se cometa a falta: o/a estudante será cualificado/a con "suspenso" (cualificación numérica 0) na correspondente convocatoria do curso académico, tanto se a falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. De ser necesario, modificarase a súa cualificación no acta da primeira ou da segunda oportunidade.

IMPORTANTE-2: Os traballos está pensado para subir a nota individual do exame, non para baixala. Isto significa que se a presentación oral e o traballo obtén, en conxunto, unha puntuación menor que a do exame, a cualificación final basarase na puntuación do exame individual. Deste modo, o traballo en grupo non pode prexudicar o traballo individual.

NON ASISTENCIA E DISPENSA: Quen teña dispensa académica ou non asista con regularidade debida, deberá poñerse en contacto co/a profesor/a en cuestión e, para superar a materia, realizará o exame final, que lle valerá o 100% da cualificación final. Excepcionalmente, o/a profesor/a poderá permitir que o/a estudante en cuestión participe de algunha maneira nas outras actividades de avaliación. Neste caso, ponderará o valor do exame final en función do grao e da calidade da participación nas demais actividades da materia.

IGUALDADE EN PERSPECTIVA DE XÉNERO: Tal e como recollen as distintas normativas da docencia universitaria, nesta materia incorporarase a perspectiva de xénero: utilizarase unha linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autoría de ambos sexos, fomentarase a participación igualitaria do estudantado nas sesións de clase, traballarase na identificación e modificación de prexuízos e actitudes sexistas, e incidirase no entorno para modificar ditos procesos discriminatorios e promover valores de respecto e igualdade, identificando posibles situacións de discriminación por razón de xénero e propondo accións e medidas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes