Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Servizos sociais e benestar social
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Servizos sociais e benestar social Código 652G03014
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Piñeiro Aguiar, Edeler
Correo electrónico
eleder.pineiro.aguiar@udc.es
Profesorado
Piñeiro Aguiar, Edeler
Correo electrónico
eleder.pineiro.aguiar@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia trata de formar ao alumnado na complexidade dos Servizos Sociais e o Benestar Social dentro do contexto das políticas sociais. Formúlase como obxectivo fundamental a súa capacitación para o estudo das necesidades e demandas, e para a xénese e desenvolvemento de plans, programas e proxectos. Estúdanse os diferentes tipos de Estados do Benestar, as características dos Servizos Sociais dentro das políticas públicas, o marco lexislativo destes Servizos Sociais, e a demanda de servizos públicos de atención social.
Plan de continxencia No caso que mor do COVID19 teñamos que pasar de docencia presencial a docencia non presencial teranse en conta este plano de continxencia: 1. Modificacións nos contidos Os contidos teóricos da materia pasarán a ser impartidos de forma dixital a través da Plataforma TEAMS. As clases terán unha duración máis reducida por cuestións pedagóxicas, e asignaranse, material complementario para a correcta comprensión da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen – Sesión maxistral – Discusión dirixida – Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación) – Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican – Debates en clase pasarán a facerse por teams 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: Dúas veces por semana. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Semanalmente. Segundo a necesidade do alumando. – Revisión do chat de Moodle para consultas específicas da materia 4. Modificacións na avaliación *Observacións de avaliación: REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación do 50% do total das probas 3. Entregar e expoñer os traballos na data que se indique. 4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se producen modificacións na bibliografía da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes