Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Servizos sociais e benestar social
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de ensaio Lectura, por parte do/a alumno/a, de textos fundamentais ou relacionados coa asignatura, de entre os indicados polo profesor. Reflexión sobre os contidos comentados na clase e que forman parte do temario. Estes ensaios reflexivos implica a lectura da bibliografía recomendada e teñen un carácter de evaluación continua do estudantado
Recensión bilbiográfica O alumnado deberá presentar unha reseña individual dun libro asignado polo profesor que terá carácter obrigatorio e que
versará sobre o Estado do Benestar ou algunha política pública. Na Moodle está subido un listado de libros a escoller por parte do alumnado durante o primeiro mes de curso. Poderase propor algún outro en caso de interese por parte do alumnado.
Sesión maxistral A explicación por parte do profesor dos contidos da materia na aula denomínase docencia expositiva. As clases apoiaranse en soporte visual que pode ser consultado no campus virtual. As aulas son un espazo para explicar os conceptos e as teorías e formular posibles dúbidas sobre o temario exposto. Durante o curso poderanse realizar seminarios, conferencias, coloquios e xornadas relacionadas con temas obxeto da materia, aos que o alumnado deberá de asistir dentro do horario de clases, aínda que supoña concentrar as horas interactivas nunha única clase. A docencia interactiva ou clases prácticas supón a presenza e participación do alumnado, nos grupos constituídos ao efecto.
Traballos tutelados Para superar a materia deberase realizar un traballo grupal que analice algún programa ou política dentro do marco dos Servizos Sociais. En ditos traballos búscase consolidar os contidos da materia e o entrenamento en distintas ferramentas metodolóxicas propias das Ciencias Sociais. Para a súa realización empregaranse recursos coma textos relacionados coa asignatura, fontes de datos en Internet ou medios audiovisuais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes