Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Servizos sociais e benestar social
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A13 B1 B2 B5 C1 C3 C4 C8 A proba de ensaio consiste na elaboración de varios traballos reflexivos que implican a lectura de textos obligatorios e que inclúe o traballo feito durante o curso académico. Estes traballos serán entregados ao longo do curso es suponen a evaluación continua do alumnado. Ademáis da adecuación dos contidos esperados de cara a evaluación é necesario o cumplimento estricto das datas de entrega e de aspectos formais da mesma. O alumnado disporá ao inicio do curso das cuestión formais na Moodle da materia.
Fundamentalmente é una metodoloxía de avaliación de contido teórico.
40
Recensión bilbiográfica B1 B6 C7 A recensión ten un peso do 20% da nota final da materia e desenvolverase mediante un proceso de avaliación continua na aula expositiva. Valorarase a participación en clase e a reflexión ao redor de contidos teórico-prácticos previamente explicados e/ou propostos como lectura obrigatoria.
Trátase dunha nota individual na que se valora a capacidade de reflexión, debate e argumentación. Isto leva a obrigatoriedade de asistir ás clases expositivas, algunha das cales podería realizarse de maneira online (1-3 clases ao longo do curso).
20
Traballos tutelados A6 A9 A19 B3 B4 B5 O traballo tutelado terá un valor do 40% da nota global. Este traballo en grupo (salvo casos particulares) analizará un programa ou servizo dentro do paraugas dos Servizos Sociais. Recollerá unha serie de apartados: introdución, antecedentes, xustificación, obxectivos, marco teórico, metodoloxía, análise do traballo de campo realizado, conclusións e bibliografía. Terá unha extensión de 15-20 páxinas incluíndo bibliografía. A isto súmase a obrigación de entregar outro arquivo, denominado resumo executivo, que dea conta dos principais elementos do traballo máis extenso.
Fundamentalmente é unha metodoloxía de avaliación de contido práctico a desenvolver tanto nas clases interactivas como de maneira autónoma polo alumnado. Dentro do conxunto da nota é obrigatoria unha exposición oral do traballo. O profesor escollerá de maneira aleatoria que membros de cada equipo responden as preguntas e comentarios expostos; así mesmo o resto de grupos poderá facer preguntas ao grupo que expoña, para o que as entregas acordaranse nas primeiras semanas de curso co fin de que o conxunto da clase teña acceso ao resto de traballos dos seus compañeiros/as (resumos executivos).

Nas clases interactivas acordarase unha rúbrica para avaliación dos traballos, sendo o resto de compañeiros/as de clase quen avalíen esta parte da materia.

Valorarase positivamente que de face á elaboración de traballos e citacións a maior parte da literatura traballada proveña de autoras mulleres.

Trátase dunha nota individual na que se valora a capacidade de reflexión, debate e argumentación. Isto leva a obrigatoriedade de asistir ás clases expositivas, algunha das cales podería realizarse de maneira online (1-3 clases ao longo do curso)
40
 
Observacións avaliación

O alumnado deberá obter polo menos un 4 sobre 10 en cada unha das partes que compoñen a avaliación (probas de ensaio, revisións, traballos dirixidos) para poder optar a ser sumado á nota media final da materia, que deberá ser como mínimo un 5 para o aprobado.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistenciaP o itinerario de avaliación será idéntico que para o resto de alumnado, flexibilizando as cargas de traballo. Deberán presentar o mesmo tipo de traballos e probas e flexibilizarase a entrega do traballo tutelado aceptando a súa elaboración de forma individual. Este alumnado debe comunicar a súa situación antes do 15 de setembro mediante correo electrónico ao profesorado. Caso de non facelo darase por feito que se trata de alumnado a tempo completo.

Para o caso da segunda oportunidade deberá ser presentado un traballo de reflexión teórica de polo menos 30 páxinas, previa tutorización por parte do profesorado das liñas a seguir na súa elaboración. Devandito traballo suporía o 100% da nota. En caso de optar por avaliación non continua o alumnado debe comunicalo antes do 31 de outubro, sendo os criterios de face á data oficial de exame os mesmos que para os casos de segunda oportunidade

.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes