Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Intervención en contextos familiares de risco
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Intervención en contextos familiares de risco Código 652G03015
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
García Fernández, Manuel
Correo electrónico
manuel.garcia.fernandez@udc.es
Profesorado
García Fernández, Manuel
Correo electrónico
manuel.garcia.fernandez@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia preténdese que o alumnado acade os fundamentos da intervención psicolóxica en contextos familiares convencionais, non convencionais e de risco. O temario estrutúrase nunha parte teórica, onde se presentan cales son os fundamentos dun funcionamento familiar óptimo en canto a vínculos afectivos e estratexias de socialización, e como estas variables poden resultar afectadas en contextos non convencionais e de risco. A parte práctica está formada por temas que son de especial interese para a formación do educador e educadora familiar.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se farán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Portafolio do alumno Recensión bibliográfica *Metodoloxías docentes que se modifican As sesións expositivas e interactivas pasarán a impartirse a través de Teams no horario de clase. A Proba mixta farase a través de Moodle 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Teams no horario de titorías 4. Modificacións na avaliación Non hai. Mantense os criterios da guía docente *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que a referencia ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbo presencialidade ata o momemto no que se suspendeu a actividade presencial 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non é necesaria
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes