Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Educación de menores en desprotección y conflicto social
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Educación de menores en desprotección y conflicto social Código 652G03016
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Periodo Curso Tipo Créditos
Grado 2º cuatrimestre
Segundo Obligatoria 6
Idioma
Gallego
Modalidad docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinador/a
Iglesias Galdo, Ana Maria
Correo electrónico
ana.iglesias@udc.es
Profesorado
Iglesias Galdo, Ana Maria
Correo electrónico
ana.iglesias@udc.es
Web
Descripción general Menores en risco, en desprotección, en desamparo, en desadaptación, en conflito social; diferentes expresións para visibilizar procesos caracterizados polas dificultades, necesidades ou conflitos que limitan as posibilidades de estas outras infancias para participaren na sociedade da que forman parte, facendo necesaria a intervención da entidade pública. Comparten o feito de ser suxeitos fráxiles (Varela e Álvarez-Uría) ao teren en común certa exclusión, polo menos parcial, da consideración de normalidade; co agravante de que esa situación social non se reparte por igual en función da estratificación social, senón que se agudiza na zona onde se acumulan os hándicaps económicos. Dado que unha das saídas profesionais "clásicas" da educación social remite a este ámbito, pretendemos asegurar que o alumnado conquira aqueles coñecementos que, pola súa especificidade, non serán traballados noutras asignaturas. Comezaremos apelando á historia para descubrir as regras de constitución da chamada infancia en desprotección e conflito social, así como as diferentes repostas institucionais que se deseñaron para atendela. Afondaremos no marco lexislativo actual, cuestionando a aparente neutralidade das categorías xurídicas creadas para designar estes procesos sociais, e facendo especial fincapé na urxencia de visibilizar a súa dimensión social fronte á individual. Unha vez definido o marco xurídico, e desde unha mirada pedagóxica, achegarémonos ós contextos sociais que colocan ós menores de idade en situacións vitais de especial vulnerabilidade, deténdonos en dúas institucións educadoras: as familias e as escolas, pero sempre en conexión coas actuais políticas sociais. Para finalizar, articularemos o aprendido traballando por proxectos a educación social, contribuiremos a adquisición daquelas destrezas e competencias profesionais que posibilitan un óptimo exercicio profesional, e destacaremos as posibilidades educativas dos centros de menores apostando por unha investigación educativa crítica que garanta un maior benestar para a infancia e, por ende, un maior grao de xustiza social. Este é o noso reto que, esperemos, faga seu o alumnado.
(*) La Guía Docente es el documento donde se visualiza la propuesta académica de la UDC. Este documento es público y no se puede modificar, salvo cosas excepcionales bajo la revisión del órgano competente de acuerdo a la normativa vigente que establece el proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes