Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Educación de menores en desprotección e conflito social
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Educación de menores en desprotección e conflito social Código 652G03016
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Iglesias Galdo, Ana Maria
Correo electrónico
ana.iglesias@udc.es
Profesorado
Iglesias Galdo, Ana Maria
Correo electrónico
ana.iglesias@udc.es
Web
Descrición xeral Menores en risco, en desprotección, en desamparo, en desadaptación, en conflito social; diferentes expresións para visibilizar procesos caracterizados polas dificultades, necesidades ou conflitos que limitan as posibilidades de estas outras infancias para participaren na sociedade da que forman parte, facendo necesaria a intervención da entidade pública. Comparten o feito de ser suxeitos fráxiles (Varela e Álvarez-Uría) ao teren en común certa exclusión, polo menos parcial, da consideración de normalidade; co agravante de que esa situación social non se reparte por igual en función da estratificación social, senón que se agudiza na zona onde se acumulan os hándicaps económicos. Dado que unha das saídas profesionais "clásicas" da educación social remite a este ámbito, pretendemos asegurar que o alumnado conquira aqueles coñecementos que, pola súa especificidade, non serán traballados noutras asignaturas. Comezaremos apelando á historia para descubrir as regras de constitución da chamada infancia en desprotección e conflito social, así como as diferentes repostas institucionais que se deseñaron para atendela. Afondaremos no marco lexislativo actual, cuestionando a aparente neutralidade das categorías xurídicas creadas para designar estes procesos sociais, e facendo especial fincapé na urxencia de visibilizar a súa dimensión social fronte á individual. Unha vez definido o marco xurídico, e desde a pedagoxía crítica, achegarémonos ós contextos sociais que colocan ós menores de idade en situacións vitais de especial vulnerabilidade, deténdonos en dúas institucións educadoras: as familias e as escolas, pero sempre en conexión coas actuais políticas sociais. Para finalizar, articularemos o aprendido traballando por proxectos a educación social, contribuiremos a adquisición daquelas destrezas e competencias profesionais que posibilitan un óptimo exercicio profesional, e destacaremos as posibilidades educativas dos centros de menores apostando por unha investigación educativa crítica que garanta un maior benestar para a infancia e, por ende, un maior grao de xustiza social. Este é o noso reto que, esperemos, faga seu o alumnado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes