Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Educación de menores en desprotección e conflito social
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A5 A8 A9 A14 A16 A20 B2 Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introdutorio que conterá os rexistros ou materiais producto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado ao longo do semestre. Inclúe o traballo realizado: notas de clases, tarefas desenvolvidas, mapas conceptuais, dificultades atopadas, valoracións, etc. É froito do traballo tutelado e continuo en torno ós diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada da profesora ós distintos grupos. 30
Estudo de casos A1 A2 A3 A5 A7 A8 A9 B2 B3 B4 C4 Tendo como referencia a bibliografía e as actividades desenvolvidas na aula, e coas orientacións que a profesora estime oportunas, deseñarase en grupo, un proxecto educativo individualizado ou grupal que, desde a pedagoxía crítica, sitúe no seu núcleo a educación de menores en desprotección e conflito social.
As datas para o seu desenvolvemento e sesións de titoría contempladas para este fin, serán acordadas na aula, a proposta da profesora. Ademais de ser incluído no Portafolios, cada grupo expoñerá o seu proxecto co obxeto de compartilo e sometelo a debate e valoración.
10
Proba mixta A2 A3 A5 A8 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe ao remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións formuladas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente. 60
 
Observacións avaliación

Atendendo á participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións:

OPCIÓN A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula (>80%): a) Elaboración dun portafolios grupal no que se recollerán as prácticas propostas, así como aquelas actividades relacionadas coa lectura e análise de materias diversos, as notas relativasaos grupos de discusión e as sesións maxistrais (30%). Incluirá asemade a proposta de proxecto educativo (10%). Total:40%. b) Exame sen material sobre os contidos da materia (60%).

OPCIÓN B. Para o alumnado que non asiste/participa das actividades de aula (<80%): a) Proba mixta sobre os contidos da materia (80%) b) Recensión e exposición oral dun dos libros da bibliografía básica e que será acordado coa profesora durante o mes de marzo para a convocatoria de xuño e no mes de abril para a de xullo (20%).

En calquera das opcións é preciso obter unha avaliación favorable en cada unha das partes da materia. Asemade nas probas escritas é preciso contestar, cando menos parcialmente, a todas as cuestións formuladas. En caso contrario a cualificación será de Suspenso.

O alumnado con recoñecemento oficial de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de
asistencia,
deberá acudir a titorías para fixar as sesións interactivas e
expositivas nas que poderá estar presente co fin de determinar os
traballos sustitutorios, se fose o caso. Nesta titoría será informado do procedemento de avaliación que será o que resulte máis a2caído en función da súa presencia/ausencia nas sesións interactivas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes