Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Animación e xestión sociocultural
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Animación e xestión sociocultural Código 652G03017
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Pose Porto, Hector Manuel
Correo electrónico
hector.pose@udc.es
Profesorado
Pose Porto, Hector Manuel
Correo electrónico
hector.pose@udc.es
Web
Descrición xeral A profesionalización do/a educador/a social ten na animación e na acción sociocultural un ámbito ben determinado pola teoría así como pola praxe profesional. Na presente materia, preténdese poñer a disposición do alumnado, referentes tanto teóricos como prácticos que redunden nunha formación sólida e diversificada neste aspecto. Orixe de conceptos chave, ámbitos máis característicos, deseño, execución e avaliación dun proxecto de animación sociocultural, axentes culturais e labor en diferentes ámbitos son algúns dos contidos a abordar.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos En caso de ter que cambiar totalmente de modalidade docente, todos os contidos estarán a disposición do alumnado en Moodle con powerpoints grabados e outros documentos. 2. Metodoloxías Os grupos de traballo que se constitúan para facer o traballo fundamental a avaliar serán de 4 persoas. Agás as actividades estrictamente prácticas, todas as demais iniciativas serán vía dixital. *Metodoloxías docentes que se manteñen Manteranse todas aquelas que, dependendo do intre en que se interrumpa a modalidade prsencial, non se poidan realizar. Tal e como está contemplada a materia, case na súa totalidade poderanse desenvolver. *Metodoloxías docentes que se modifican Só se modificaran puntualmente e será co consenso co alumnado. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Teléfono, correo electrónico, skype, moodle e teams de non porceder a presencialidade. 4. Modificacións na avaliación Non haberá modificacións: só cambiará, se é o caso, o tipo de proba mixta. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se modifica, pois todo o fundamental está disponible on line.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes