Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Animación e xestión sociocultural
   Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Descrición
A cantidade e calidade das achegas (en forma de preguntas, comentarios, apreciacións...) do alumnado son moi tidas en conta polo profesor. A actitude nas clases (coa materia, entre compañeiro/as, co profesor) é fundamental nesta materia. Ten que ver co sentido da Animación Sociocultural, de aí que sexa unha aprendizaxe máis xunto con conceptos, teorías, ámbitos e programas.

O alumnado que por motivos xustificados e documentados (Contrato laboral, baixa médica...) non poida acudir ao 80% das clases, deberá curar a materia por outra modalidade. Se así fora, nos primeiros días do cuadrimestre, deberá ter unha titoría indovidualizada co profesor, entregar o xustificante acaído e o profesor indicaralle os labores e dinámicas a realizar para superar a materia. Que son os seguintes: a) Recensión dos textos que o profesor deixa en reprografía como lecturas a acompañar a materia e a entregar como data tope o último día lectivo de clase; b) Traballo individual sobre a presentación e seguimento dunha iniciativa sociocultural a elección do almuno/a e a entregar o último día de clase lectivo; e C) Superar o exame.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes