Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Animación e xestión sociocultural
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida B6 C1 Enténdese asistir aos debates sobre textos que propoña o profesor e a calidade da participación (implicación no desenvolvemento dos debates e das clases) do alumnado.
Lembrar que, se non se pide despensa por motivos xustificados, a asistencia á clase é obrigatoria, sendo unicamente responsabilidade do alumnado.
20
Proba mixta A9 B2 Constará dun exame sen material respostando aos contidos vinculados á materia. Será un exame con dúas ou tres preguntas, unha delas a desenvolver e as outras de carácter máis conciso e breve.
Non se deberán cometer faltas de ortografía, valorarase positivamente a achega de citas de autore/as no argumentario do examinando, deberase contestar especificamente ao que se pregunta,
80
 
Observacións avaliación

A presenza nas clases é obrigatoria en Educación Social. O alumno/a deberá, para superar a materia, asistir e participar nas clases, así como realizar unha proba final mixta.

As persoas que non cumpran un mínimo dun 80% das sesións de clase (ou teñan despensa académica xustificada), de querer superar a materia deberán:

a. Ler comprensivamente o dossier do alumnado (textos para libroforums e participar)  que servirá de base para os diversos contidos da materia b. Aprobar un exame final escrito
c. Analizar unha experiencia de animación ou xestión sociocultural ou un traballo que acorden mutuamente co profesor (só no caso dos que non veñan ao 80% das clases ou teñan despensa académica)

Todos os traballos e o seu xeito de presentalos, deberán ser consensuados co profesor (soporte, prazos...). A nota principal será sempre o exame, mais a presenza e implicación na clase, será tida en conta polo profesor (20%).

Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, si é o caso, co permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen perxuízo das responsabilidades disciplinarias ás que poidese ter lugar tras o correspondente procedimento. 

O alumnado que, tendo recoñecida a súa condición de estudante a tempo parcial, solicitará no Decanato a dispensa académica e abordará dita situación personal co profesor nunha titoría concertada.

Os criterios de avaliación da proba mixta para todo/as serán:

a) Respostar ao que se pregunta.

b) Expresarse correctamente sen faltas de ortografía

c) Acompañar o argumentario da resposta con citas bibliográficas

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes