Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Educación de persoas adultas e maiores
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A4 A21 Para poder ser avaliados, a asistencia será obrigatoria no 85% das clases interactivas.
Por cada falta de ortografía restarase da nota final 0,25p.
A superación desta proba é obligatoria para aprobar a materia e representa o 70% da nota final. Nela valorarase a comprensión que teñen os estudiantes dos contidos traballados nas clases expositivas.
70
Traballos tutelados A5 A9 A16 B2 B3 B4 Os traballos feitos nas clases interactivas serán expostos oralmente na clase no mes de maio. Representan o 30% da nota final.

A evaluación seguirá os criterios pautados nas rúbricas feitas para tales fins. Os estudiantes serán coñecedores destas dende o inicio do curso, na presentación que se faga dos traballos das clases interactivas.
30
 
Observacións avaliación

Para o alumnado que ten recoñecida a condición de estudante a tempo parcial, segundo a"Norma
que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a
progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na
Universidade da Coruña"

(aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016), á  asistencia mínima será dun 30 % das clases expositivas. As interactivas poderán ser realizadas con caracter no presencial de forma individual, seguindo as directrices marcadas para ditas clases a principio do curso, e deberán ser entregadas na semana anterior a data do exame que a Xunta de Facultade determine.

O alumnado que voluntariamente desexe prestar un servicio á comunidades mediante o desenvolvemento dunha experiencia de aprendizaxe servicio e unha vez alcanzada a puntuación mínima para superar a materia, terá recoñecida una puntuación complementaria de 2 puntos máximo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes