Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Métodos de investigación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Esta metodoloxía combínase con outras metodoloxías como a discusión dirixida, obradoiro, análise de fontes documentais, esquemas, lecturas, mapas conceptuais, solución de problemas, etc. Todos estes procedementos serán guiados de FORMA PRESENCIAL e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación.
Para a súa realización configúranse grupos pequenos (non máis de 5 persoas) e lévanse a cabo durante todas ás clases interactivas da materia. Así o profesor/a presentará en ditas clases as prácticas que realizará co alumnado (prácticas que están en moodle). Estas serán recollidas polo/a profesor/a ao finalizar a clase, para xustificar a presencialidade do alumnado, e serán devoltas ao alumnado nas seguintes clase interactiva.
Como o que se realiza nas clases interactivas son as prácticas dos contidos das clases expositivas se lles pedirá ao alumnado que, dunha clase interactiva a outra, teñan revisadas as practica anteriores para poder, durante unha parte da clase interactiva, contestar preguntas que o/a profesora elabore. Ditas preguntas só ten o significado de afianzar aprendizaxes e solucionar posibles dúbidas.
Toda esta metodoloxía está incluida no Programa Piloto para a docencia en galego no Grao de Educación Social
Análise de fontes documentais Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise destes. Esta metodoloxía pódese empregar: como introdución a un tema, como instrumento de aplicación, para explicar procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Discusión dirixida Metodoloxía dinámica de grupos na que os membros de cada grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre conceptos presentados na clase expositiva. O momento no que se leva a cabo será nas clases interactivas da materia. A devandita discusión estará moderada polo/a profesor/a. Concretamente, o tema 2 e o tema 5 dos contidos da materia serán traballados desta maneira. Aínda que se traballen ditos temas nas clases interactivas están considerados conceptos das clases expositivas, polo tanto, a súa avaliación será na parte do examen denominada teoría pura.
Toda esta metodoloxía está incluida no Programa Piloto para a docencia en galego no Grao de Educación Social
Obradoiro Esta tarefa está destinada a un único contido da materia (Tema 6). Coa mesma inténtase que o alumnado/a combine outras metodoloxías como por exemplo, exposicións orais, solucións de problemas, prácticas guiadas, etc. Pero tendo presente que con ela o/a alumno/a desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto só se levará a cabo cando se explique o tema 6 (será aproximadamente a primeiros de abril). O profesor/a presentará ao alumnado os apuntes deste tema (a través de moodle); nas clases expositiva explicará con solucións de problemas ditos apuntes; nas clases interactivas o profesor/a presentará prácticas guiadas para que o alumno/a as realice e, ademais, o alumno/a deberá expoñer oralmente esas prácticas guiadas. PARA TODO ESTO O ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.
Toda esta metodoloxía está incluida no Programa Piloto para a docencia en galego no Grao de Educación Social
Proba mixta Proba utilizada para a avaliación de aprendizaxes tanto das clases expositivas como interactivas. Conta de tres partes: teoría pura (será o que o profesor/a presenta nas clases expositivas); teoría textos (será o que o profesor/a traballa co alumnado nas clases interactivas) e, a última parte, a parte estadística (será unicamente o que o/a profesor/a expón e traballe co alumnado no tema 6 do apartado contido desta materia). As preguntas destas partes poden ser directas ou afirmacións incompletas, mesmo preguntas con varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións. Pero só unha e a máis correcta. NESTA PROBA AS RESPOSTAS INCORRECTAS RESTARÁN AS CORRECTAS. A materia supérase cando se supera todas as partes e nunca se gardará algunha das partes para outras convocatorias.
Sesión maxistral Clase impartida polo/a profesor/a, nas clases expositivas, sobre os contidos xa citados na guía docente . Esta metodoloxía utiliza exclusivamente a palabra como vía de transmisión da información a todo o grupo. Pero o profesor/a facilitará ao alumnado material en power point (a través de moodle) para facilitarlle o seguimento da exposición. Neste material en power point o alumnado/a terá referencias bibliográficas para consultar ou, tamén, para completar ou seguir a exposición do profesor/a
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes