Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Métodos de investigación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Esta metodoloxía combínase con outras metodoloxías como obradoiro, análise de fontes documentais, esquemas, lecturas, mapas conceptuais, solución de problemas, etc. Todos estes procedementos serán guiados de FORMA PRESENCIAL (ou virtual, a través da plataforma TEAMS) e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación. Para a súa realización configúranse grupos pequenos (non máis de 2 persoas). E lévanse a cabo durante todas ás clases interactivas da materia.
Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social"
Análise de fontes documentais Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise destes. Esta metodoloxía pódese empregar: como introdución a un tema, como instrumento de aplicación, para explicar procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social"
Obradoiro Esta metodoloxía está destinada unicamente aos contidos da materia do tema 2,tema 3, tema 4, tema 5 e o tema 6. Coa mesma, inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías como, por exemplo, solucións de problemas, prácticas a través de TIC, etc. Pero tendo presente que con ela o alumnado desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto só se levará a cabo cando se explique ditos temas. A profesora presentaran ao alumnado os apuntes destes temas (a través de moodle); nas clases expositivas explicará con solucións de problemas ditos apuntes; nas clases interactivas a profesora presentará fichas guiadas (practicas guiadas) para que o/a alumno/a as leve a cabo. PARA TODO ISTO O ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS. Para a entrega desta metodoloxía a profesora planificarán unha data de entrega en moodle

Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social"
Proba mixta Proba utilizada para a avaliación das aprendizaxes tanto das clases expositivas como interactivas. Conta de dúas partes:
a) Parte teórica: será o que o/a profesor/a presenta nas clases expositivas. Todos os contidos da guía docente.
b) Parte análise: será unicamente o que o/a profesor/a expón e traballe co alumnado no tema 6 do apartado contido desta materia.
As preguntas destas partes poden ser directas ou afirmacións incompletas, mesmo preguntas con varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións. Pero só unha e a máis correcta. NESTA PROBA AS RESPOSTAS INCORRECTAS RESTARÁN ÁS CORRECTAS. A materia supérase cando se supera todas as partes e nunca se gardará algunha das partes para outras convocatorias.
Prácticas a través de TIC Esta metodoloxía empregarase para dous tipos de actividades:
a) Realización de probas online de cada contido teórico abordado nas sesións expositivas. Levarase a cabo un test ao final de cada sesión interactiva, onde o alumnado poderá poñer a proba as aprendizaxes adquiridas nas sesións teóricas e aplicadas nas sesións interactivas. Estas probas formarán parte da avaliación final da materia.
b) Análise da información informatizada. Emprego de programas informáticos tanto cuantitativos como cualitativos tanto para o análise da información. O desenvolvemento desta actividade de análise será complementario á metodoloxía de solución de problemas.
Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social"
Solución de problemas Esta metodoloxía utilízase unicamente para o tema 6 dos contidos da materia. O alumnado disporá das clases interactivas para realizar as actividades encomendadas e terá que incorporalas todas xuntas nun documento único (que constituirá a metodoloxía do Obradoiro), que denominará “Métodos de investigación” que será entregado na data estipulada pola docente.
Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social
Estudo de casos Esta metodoloxía empregarase para a realización das prácticas correspondentes aos temas 2, tema 3, tema 4 e tema 5 dos contidos da materia. Presentarase ao alumnado un exercicio por grupo e deberán aplicar os coñecementos teóricos adquiridos nas sesións expositivas á resolución do mesmo. O alumnado disporá das clases interactivas para realizar as actividades encomendadas e terá que incorporalas todas xuntas nun documento (que constituirá a metodoloxía do Obradoiro) único que denominará “Métodos de Investigación”, e que será entregado na data estipulada pola docente

Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social".
Sesión maxistral Clase impartidas pola profesora, nas clases expositivas, sobre os contidos xa citados no apartado de “contidos” desta guía docente. Esta metodoloxía utiliza exclusivamente a palabra e a vista como vía de transmisión da información a todo o grupo.
As clases expositivas, durante este curso académico 2020-2021, non serán presenciais, debido o número de estudantes matriculados na materia. Por tanto, preséntase cunha semana de antelación ao estudantado en Moodle (as clases expositivas serán de 9 a 10:30 os venres) o material en Power Point con la grabación de su voz (a través de Moodle e Stream) para el seguimiento de la exposición. En este material, el alumnado tendrá referencias bibliográficas para consultar o, también, para completar o seguir la exposición de las profesoras.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes