Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Métodos de investigación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Esta metodoloxía combínase con outras metodoloxías como análise de fontes documentais, esquemas, lecturas, mapas conceptuais, solución de problemas, etc. Todos estes procedementos serán guiados de FORMA PRESENCIAL e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación. Para a súa realización configúranse grupos pequenos (non máis de 2 persoas). E lévanse a cabo durante todas ás clases interactivas da materia.

Análise de fontes documentais Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise destes. Esta metodoloxía pódese empregar: como introdución a un tema, como instrumento de aplicación, para explicar procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Proba mixta Proba utilizada para a avaliación das aprendizaxes tanto das clases expositivas como interactivas. Conta de dúas partes:
a) Parte teórica: será o que o/a profesor/a presenta nas clases expositivas e dalgun dossier. Todos os contidos da guía docente.
b) Parte análise: será unicamente o que o/a profesor/a expón e traballe co alumnado no tema 6 do apartado contido desta materiae o dossier correspondente.
As preguntas destas partes poden ser directas ou afirmacións incompletas, mesmo preguntas con varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións. Pero só unha e a máis correcta. NESTA PROBA AS RESPOSTAS INCORRECTAS RESTARÁN ÁS CORRECTAS. A materia supérase cando se supera todas as partes e nunca se gardará algunha das partes para outras convocatorias.

INFORMACIÓN IMPORTANTE:
O/a estudantado presencial debe presentarse a proba mixta (se suspende a avaliación continua a proba mixta será como calquer estudante non presencial. Se supera a avaliacion continua debe presentarse para que a cualificación desa avaliación sexa real. PERO SE UN/UNHA ESTUDANTE SUSPENDE A PROBA MIXTA (AINDA QUE TEÑA SUPERADA A AVALIACION CONTINUA) SUSPENDERÁ A MATERIA. A avaliación continua dos/as estudantes presenciais so contará na convocatoria de xuño.
A/o estudante non presencial a cualificación da proba mixta da convocatoria de xuño o xullo será a cualificación final da materia (non debe realizar a avaliación continua)
Prácticas a través de TIC Esta metodoloxía empregarase na Análise da información informatizada. Emprego de programas informáticos tanto cuantitativos como cualitativos tanto para o análise da información. O desenvolvemento desta actividade de análise será complementario á metodoloxía de solución de problemas.

Solución de problemas Esta metodoloxía utilízase unicamente para o tema 6 dos contidos da materia. O alumnado disporá das clases interactivas para realizar as actividades encomendadas e terá que incorporalas todas xuntas nun documento único, que denominará “Métodos de investigación” que será entregado na data estipulada pola docente.

Estudo de casos Esta metodoloxía empregarase para a realización das prácticas correspondentes aos temas 2, tema 3, tema 4 e tema 5 dos contidos da materia. Presentarase ao alumnado un exercicio por grupo e deberán aplicar os coñecementos teóricos adquiridos nas sesións expositivas á resolución do mesmo. O alumnado disporá das clases interactivas para realizar as actividades encomendadas e terá que incorporalas todas xuntas nun documento único que denominará “Métodos de Investigación”, e que será entregado na data estipulada pola docente


Sesión maxistral Clase impartidas pola profesora, nas clases expositivas, sobre os contidos xa citados no apartado de “contidos” desta guía docente. Esta metodoloxía utiliza exclusivamente a palabra e a vista como vía de transmisión da información a todo o grupo.
As clases expositivas serán presenciais. Por tanto, preséntase cunha semana de antelación ao estudantado no Campus Virtual o material en Power Point. En este material, el alumnado tendrá referencias bibliográficas para consultar o, también, para completar o seguir la exposición de las profesoras.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes