Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Métodos de investigación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A5 A6 A7 B1 C3 C6 C8 Esta metodoloxía será empregada unicamente para avaliar os progresos do alumnado na comprensión dos contidos teóricos da materia (clases expositivas).
Realizaranse breves tests de coñecemento (do desenvolvido durante a sesión expositiva e interactiva correspondentes). Empregaranse os 30 últimos minutos das clases interactivas (o estudantado deberá conectarse por moodle para realizar estas avaliacións). IMPRESCINDIBLE QUE CADA ESTUDANTE TRAIGA NAS CLASES INTERACTIVAS O SEU ORDENADOR E TODO O MATERIAL QUE PRECISE PARA REALIZAR ESAS PRÁCTICAS.
20
Solución de problemas A5 A6 A7 A11 A13 A14 B1 B2 B5 C1 C2 C3 C4 C6 C8 Esta tarefa está destinada a un único contido da materia (Tema 6). Coa mesma inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas (fichas guiadas), etc. Pero tendo presente que con ela o/a alumno/a desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto so se levará a cabo cando se explique o tema 6. A profesora presentará ao alumnado os apuntes deste tema (a través de moodle); nas clases expositivas explicará con solucións de problemas ditos apuntes; nas clases interactivas a profesora presentará prácticas guiadas para que o alumno/a as realice PARA TODO ESTO O/A ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.
O/a alumnado deberá realizar todas as prácticas propostas e incorporalas nun documento único, a modo de dossier, que entregará ao docente no prazo establecido, baixo o nome de “Métodos de Investigación” (que será a metodoloxía Obradoiro).

A profesora antes de finalizar o período lectivo realizará un simulacro de dita proba, no horario de clase da materia. As preguntas dese simulacro estarán a disposición do alumnado matriculado nesta materia en moodle. A asistencia a este simulacro non é obrigatoria
20
Proba mixta A5 A6 A11 A13 B1 B2 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C6 C8 O exame da convocatorias de xuño ou xullo é o que fai referencia a avaliación desta metodoloxía e consta de dúas partes:

1-Parte Teórica constará dun número de ítem de resposta aberta, ou de resposta breve ou de verdadeiro e falso pero xustificando (o tipo de preguntas o determinará o profesorado). Unha pregunta cunha resposta incorrecta resta unha pregunta cunha resposta correcta. Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 10 sobre 20 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí (non se garda nota de ningunha parte, en ningunha convocatoria, se se suspende).
2-Parte ANALISE. Esta parte consta de varios problemas estatísticos ou preguntas de respostas breves ou preguntas de verdadeiro e falso (o profesorado será o que decida o tipo de preguntas). Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 10 sobre 20 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí.

NOTA ACLARATORIA:

Se se suspende algunha das partes (non se alcanza a puntuación mínima para aprobar) o alumnado debe ir á seguinte convocatoria con todo. NON SE GARDAN PARTES DE NINGÚN EXAMEN DUNHA CONVOCATORIA PARA OUTRA OU OUTRAS CONVOCATORIAS.
A DATA DOS EXAMES DAS CONVOCARTORIAS ESTÁN MARCADOS POR XUNTA DE FACULTADE POLO TANTO NON SE MOVEN.

O BAREMO QUE SE SIGUE EN CADA UNHA DAS PARTES, A TER EN CONTA:

a) 10 PUNTOS A 13 PUNTOS EQUIVALE A UN APROBADO (5-6). Concretamente, 10 e 11 puntos equivale a un cinco; 12-13 puntos equivale a un seis.

b) 14 PUNTOS A 17 PUNTOS EQUIVALE A UN NOTABLE (7-8). Concretamente, 14 e 15 puntos equivale a un sete; 16-17 puntos equivale a un oito.

c) 18 PUNTOS A 20 PUNTOS EQUIVALE A UN SOBRESAÍNTE (9-10). Concretamente, 18 e 19 puntos equivale a un nove; 20 puntos equivale a un 10
40
Estudo de casos A6 A7 A11 A14 B1 B2 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C6 C8 Esta tarefa está destinada aos contidos da materia (tema 2, tema 3, tema 4 e tema 5). Coa mesma inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas (fichas guiadas), etc. Pero tendo presente que con ela o alumno desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto so se levará a cabo cando se explique os temas. O profesorado presentará ao alumnado os apuntes deste tema (a través de moodle); nas clases expositivas explicará con casos ditos apuntes; nas clases interactivas o profesorado presentará prácticas guiadas (fichas guiadas) para que o alumnado as realice PARA TODO ESTO O ALUMNADO DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.

O alumnado deberá realizar todas as prácticas propostas e incorporalas nun documento único, a modo de dossier, que entregará ao docente no prazo establecido, baixo o nome de “Métodos de Investigación” (denominado metodoloxía Obradoiro).

O profesor/a antes de finalizar o período lectivo realizará un simulacro de dita proba, no horario de clase da materia. As preguntas dese simulacro estarán a disposición do alumnado matriculado nesta materia en moodle. A asistencia a este simulacro non é obrigatoria
20
 
Observacións avaliación

Na
avaliación da materia (exposta no apartado da guía docente, denominado
"Paso 7: Avaliación") terase en conta antes de nada o seguinte:

a)
ESTUDIANTES QUE ASISTAN SEMPRE A CLASE (ou alumnado con dispensa académica)
(estudantes presenciais)
 considéranse que asisten un 80%, isto equivale a non ter máis de 3
faltas sen xustificar. Xustifícase as faltas médicas (con xustificante
correctamente cuberto por un médico colexiado) e as faltas por un traballo (con
xustificante correctamente cuberto no traballo onde se xustifique que en horas
de clase se está a traballar) ou calquera outra falta sempre co documentación
homologado. Os test online previstos para o final de cada sesión interactiva
deberán ser realizados na aula; en ningún caso (a excepción do alumnado con
dispensa académica) poderase realizar fóra da aula. A asistencia ás clases
interactivas será contabilizada a partir das respostas aos tests online. Non se
poderá ter máis de dúas faltas de asistencia en cada unha das partes da materia
(técnicas de recollida e técnicas de análise). As cualificacións das probas de
coñecemento que realízanse nas clases interactivas non serán reais ata que se entregue
o dossier (metodoloxía Obradoiro)

A
avaliación destes alumnos ten en conta o seguinte: 1-A proba mixta;2-As
practicas a través das TIC;
3-O estudo de casos e 4-Solución
de problemas.
As avaliacións dende o 2 ao 4, ambas inclusive so serán efectivas
a entrega do dossier (metodoloxía Obradoiro)

Nota
aclaratoria:

Estes
estudantes seguirán sendo presenciais (nas mesmas circunstancias ou perderán
dita categoría) se, por mor da crise sanitaria, as clases son virtuais. Xa que
as expositivas son virtuais sempre, as clases interactivas seguirán as mesmas
normas pero a través de teams. Para elo, o profesorado configurará en teams os
grupos interactivos e terán clases no mesmo horario que foi aprobado na xunta
de facultade. A avaliación, nestas circunstancias (crise sanitaria), será
sempre por moodle.

A
proba mixta para estes estudantes, da igual que as clases interactivas sexan
presenciais ou virtuais, será sempre por moodle.

b)ESTUDANTES
QUE NON ASISTAN SEMPRE A CLASE (estudantes non presenciais)
 considéranse que non
asisten cando faltan máis dun 80%, é dicir, ten máis de tres faltas sen
xustificar, ou ben ten máis de dúas faltas nunha das partes da materia
(técnicas de recollida e/ou análise da información). Se xustifica as faltas
médicas (con xustificante correctamente cuberto por un médico colexiado) e as
faltas por un traballo (con xustificante correctamente cuberto no traballo onde
se xustifique que en horas de clase se está a traballar), aínda que en ningún
caso estes xustificantes suporán a posibilidade de realizar os tests online
fóra de prazo. Tamén pode ser aquel estudantado que así opte dende o inicio da
materia (o primeiro día de clase o profesorado presentará esta opción que o
estudantado pode elixir) Estes estudantes se presentarán ás probas das
convocatorias de xuño ou xullo. Se recomenda que o estudantado realice os dous
traballos da materia de forma autónoma, posto que estes serán avaliados na
proba final da materia (60%), xunto cos contidos teóricos propios da proba
mixta (40%). Neste sentido estes estudantes só farán a proba mixta a través de
moodle

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes