Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A10 A12 A20 B3 B6 C1 C4 En torno aos diferentes temas proporase a realización de traballos individuais ou en grupo durante as sesións interactivas. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completadas mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora aos diferentes grupos. Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia, como outros de carácter complementario. Finalmente, a través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos compañeiros/as. 20
Proba mixta A5 A8 A10 A11 B6 C1 A proba mixta constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da cal, o alumnado deberá dar resposta a varias cuestións facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados mediante as diferentes metodoloxías de traballo empregadas no desenvolvemento da materia. O exame estará composto por preguntas tipo test e preguntas abertas, estando a súa orientación directamente relacionada coa materia e cos aspectos abordados nas sesións, tanto expositivas como interactivas. 50
Portafolios do alumno A5 A7 A9 A20 B1 B3 B6 C1 C4 Para avaliar os traballos que serán presentados polo alumnado teranse en conta os seguintes criterios de avaliación xeral:
ELABORACIÓN:
•Estrutura: coidado da presentación (respecto polo formato), organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
•Contido:
Grao de comprensión das ideas básicas da materia
Dominio conceptual e uso apropiado do vocabulario da materia
Emprego de fontes bibliográficas variadas (distintos autores/as, distintos formatos e distintas perspectivas sobre un mesmo tema) e corrección na citación das fontes
Capacidade de relación dos contidos
Coherencia entre os diferentes apartados
Grao de afondamento de cada un dos apartados e relación co abordado na aula.
EXPOSICIÓN:
•Relevancia, pertinencia e organización coherente dos contidos expostos
•Emprego de medios audiovisuais ou outros recursos como apoio
•Nivel de coordinación do grupo ao expoñer (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes)
•Nivel de comprensión dos contidos básicos
•Claridade expositiva
30
 
Observacións avaliación

A avaliación contempla dúas opcións:

Opción A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de clase (asistencia mínima do 80%):

- Elaboracióne presentación dos traballos individuais ou en pequeno grupo: 20% da notafinal. 

- Elaboracióne presentación do traballo final: 30% da nota final. 
- Proba escritasobre os contidos da materia: 50% da nota final. 

Opción B. Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de clase (asistencia inferior ao 80%):

- Elaboración e presentación dos traballos individuais ou en pequeno grupo: 20% da nota final.

- Elaboración e presentación do traballo final: 30% da nota final.

- Proba escrita sobre os contidos da materia: 50% da nota final.

Para superar a materia será necesario acadar cando menos, o aprobado (5 puntos sobre 10) en cada un dos elementos anteriores (media dos traballos individuais/en pequeno grupo;
traballo final e proba escrita). En caso de non acadar o aprobado en todas e
cada unha das evidencias que se requiren, o alumnado non terá avaliación
positiva na materia.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes