Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A7 A9 A10 A12 A14 A17 A18 A20 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 Este tipo de traballos, serán iniciados na aula polo alumnado e completados de forma autónoma de ser necesario. Será avaliado o seu contido tomando en consideración os criterios seguintes, entre outros:

- Estrutura: coidado da presentación (respecto polo formato), organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Grao de comprensión das ideas básicas da materia.
- Dominio conceptual e uso apropiado do vocabulario da materia.
- Emprego de fontes bibliográficas variadas e corrección na citación das fontes.
- Capacidade de relación dos contidos entre sí e con outro material consultado.
- Coherencia entre os diferentes apartados.
- Grao de afondamento de cada un dos apartados e relación co abordado na aula.
15
Proba mixta A5 A8 A10 A11 A14 A17 B1 B5 B6 C1 C4 C6 A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia, polo que estará composta tanto por preguntas pechadas como abertas. Estas últimas serán de carácter breve e valorarase especialmente a capacidade tanto de concreción e síntese, como de relación cos contidos analizados tanto nas sesións expositivas como interactivas. Valorarase igualmente a organización da información, a coherencia e a comprensión dos contidos. 50
Portafolios do alumno A5 A7 A8 A9 A10 A14 A17 A18 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 O portafolios do alumno/a será avaliado en relación ao seu contido, tomando en consideración entre outros criterios, os seguintes:

- Estrutura: coidado da presentación (respecto polo formato), organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Grao de comprensión das ideas básicas da materia.
- Dominio conceptual e uso apropiado do vocabulario da materia.
- Emprego de fontes bibliográficas variadas e corrección na citación das fontes.
- Capacidade de relación dos contidos e conceptos clave entre si para xerar un discurso coherente e organizado.
- Coherencia entre os diferentes apartados que compoñen o traballo.
- Grao de afondamento de cada un dos apartados e relación co abordado na aula.

Será imprescindible que o alumnado entregue tódalas tarefas (individuais e grupais) incluídas no portafolios. En caso contrario, non poderá superar a materia.
25
Presentación oral A7 A10 A11 A12 A14 A17 A20 B1 B5 B6 C1 C4 C6 Con respecto ás exposicións na aula por parte do alumnado, tomarase en consideración o seguinte á hora de avaliar:

– Relevancia, pertinencia e organización coherente dos contidos expostos.
– Emprego de apoios audiovisuais ou outros recursos que faciliten o seguimento do discurso por parte da persoa oínte.
– Nivel de coordinación do grupo (nas exposicións grupais).
– Nivel de comprensión dos contidos básicos da materia e capacidade de expresión coherente dos mesmos.
– Claridade expositiva.
10
 
Observacións avaliación

Para
superar a materia será necesario acadar cando menos, 5 puntos sobre 10 en cada
un dos elementos anteriores (media dos traballos tutelados (incluíndo a presentación oral); portafolios e proba mixta)
. En caso
de non acadar dita puntuación en todas e cada unha das evidencias que se
requiren, o alumnado non terá superada a materia.

No relativo ao plaxio das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".

A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación
, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se
cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose
necesario".  Cumprimos así co
establecido no artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do
estudantado da UDC

O alumnado que teña recoñecida a dispensa académica (solicitude previa na Administración do centro),segundo establece a “Norma que regula o réxime de
dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC (Artigos 3ºb e 4º.5) do
29/05./2012 e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario” (Artigos 3º e 8ºb)
do 28/09/2016, poderá facer un seguimento non presencial da materia empregando a Moodle. Deberá realizar igualmente tódalas evidencias sinaladas
anteriormente
(traballos tutelados; portafolios do alumno/a e proba mixta),
de xeito individual
ou en grupo de non asistentes. Deberá respectar igualmente as datas de
entrega
propostas para o alumnado asistente en cada un dos traballos tutelados a
realizar, facendo así un seguimento continuo da materia. En caso contrario, os traballos figurarán como non presentados, sendo
esta mesma a calificación a obtida na materia.

Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia
universitaria incorporamos a perspectiva de xénero nesta materia, polo que se deberá usar unha linguaxe non sexista, empregar bibliografía de autores/as de ambos
sexos, propiciar a intervención na aula de alumnos e alumnas, entre outras accións de promoción da igualdade. Ademais, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade. Trataranse de detectar situacións de discriminación por razón de
xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Manifestado isto, cabe mencionar que a avaliación contempla dúas opcións en función do nivel de asistencia:

Opción A. Dirixida a aquel alumnado que asiste/participa nas actividades de clase de forma ordinaria (asistencia mínima requirida do 80%):

- Elaboración dos traballos tutelados individuais ou en pequeno grupo: 15% da nota final

- Elaboración do portafolios: 25% da nota final

- Presentacións orais: 10% da nota final

- Proba escrita sobre os contidos da materia: 50% da nota final. 

Opción B. Dirixida a aquel alumnado que non asiste/participa nas actividades de clase de forma ordinaria (asistencia inferior ao 80%):

- Elaboración dos traballos tutelados individuais ou en pequeno grupo: 20% da nota final.

- Elaboración do traballo final: 30% da nota final.

- Proba escrita sobre os contidos da materia: 50% da nota final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes