Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa Código 652G03020
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Rego Agraso, Laura
Correo electrónico
laura.rego@udc.es
Profesorado
Rego Agraso, Laura
Roca Rábade, María Xesús
Correo electrónico
laura.rego@udc.es
m.x.roca.rabade@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/
Descrición xeral A materia “Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socieoeducativa” persegue que os futuros profesionais da Educación Social sexan quen de comprender a transversalidade da comunicación como base dos procesos educativos, interiorizando á súa vez, as distintas teorías comunicativas e a súa influencia nos contextos de aprendizaxe de carácter non formal e informal. Deste xeito, os principais núcleos temáticos céntranse na análise, coñecemento e práctica das teorías comunicativas, os usos da linguaxe e as representacións sociais de colectivos en situación de vulnerabilidade, os medios de comunicación e o social media e a súa influencia na construcción de imaxinarios colectivos e identidades, así como os procesos de colaboración, participación e xestión emocional no marco da acción profesional do Educador/a social. Ademáis, pretende desenvolver no alumnado capacidades que permitan a selección e utilización daquelas estratexias de comunicación e colaboración que mellor se adecúen á dinamización de proxectos socioeducativos dende un punto de vista transversal. Esta materia forma parte do programa "English Friendly", polo que terá como linguas vehiculares o galego/castelán, pero o alumnado internacional recibirá titorías en inglés, se así o desexa. Ademáis, os materiais orientados a este alumnado tamén poderán estar dispoñibles en inglés e eles/as poderán ser avaliados e realizar as presentacións de aula neste mesmo idioma.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes