Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Orientación ocupacional
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Caracteriza-lo desenvolvemento institucional da orientación ocupacional e a súa situación actual (accións e metodoloxías utilizadas e profesionais que as levan a cabo) A1
A3
Adquirir coñecementos, destrezas e actitudes para a propia inserción profesional C7
Comprender as implicacións dos cambios producidos no mercado laboral para a concepción e a praxe da orientación profesional e ocupacional. A5
A8
C4
Analizar e deseñar actuacións de orientación ocupacional non sexista e reflexionar sobre o seu papel na consecución da igualdade de oportundiades entre homes e mulleres. A5
A9
B4
C4
Adquirir unha actitude reflexiva, crítica e transformadora ante ás problemáticas que atende a orientación ocupacional, analizando e valorando as súas achegas e as súas limitacións na consecución dun emprego e na promoción da igualdade de oportunidades. A14
C4
Comprende-la terminoloxía específica e usala axeitadamente B6
C1
Analiza-las bases teóricas da orientación ocupacional e comprender as implicacións para a súa praxe A2
Analizar e deseñar intervencións para a inserción laboral A6
A9
A18
A21
B1
B6
Coñecer, consultar e valorar recursos para a práctica da orientación ocupacional. A15
Analiza-lo perfil profesional dos profesionais da orientación ocupacional, identificar as competencias necesarias para o seu desempeño e valorar a importancia e necesidade de formación ó longo da vida. A1
C3
Consolidar hábitos de traballo cooperativo e potencia-las habilidades e actitudes sociais necesarias no desenvolvemento profesional B5
Adquirir actitudes e destrezas de indagación que posibiliten o estudo independente e a formación permanente. C3
C7
Identificar os colectivos con especiais dificultades de inserción, analizar as súas características en relación cos factores de inserción laboral e coas necesidades de formación e orientación e valorar as implicacións para a intervención no campo da inserción socio-laboral A2
A8
A20
B4
C4
Identificar e valora-los posibles usos de Internet para as persoas que buscan emprego e para os profesionais da orientación laboral A15
C3
Explorar o mercado profesional do/a educador/a social no campo da orientación e formación profesional A1
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes