Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Orientación ocupacional
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais As actividades de análise documental céntranse na utilización dos recursos bibliográficos e webgráficos necesarios para a realización dos estudos de caso e da actividade de simulación.
Estudo de casos A actividade de estudo de caso consiste na elaboración dun itinerario de formación para dúas persoas con perfís diferentes e previamente definidos polo alumnado. É unha actividade grupal.
Presentación oral Consiste na defensa e presentación da actividade de simulación e dos estudos de caso.
Proba mixta Está orientada á avaliación das aprendizaxes relacionadas co saber e saber facer. Consta de cinco preguntas, catro sobre os contidos teóricos e unha sobre a actividade de simulación.
Simulación Consiste no deseño de actuacións para a inserción laboral requeridas nunha convocatoria pública simulada. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables. A súa finalidade é promover a aprendizaxe autónoma e colaborativa baixo a tutela e seguimento das profesoras. É unha actividade grupal (mínimo de catro e máximo de seis persoas).
Sesión maxistral O método expositivo vai ser utilizado para presentar, explicar e sintetizar os contidos de cada un dos temas do programa.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes