Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Orientación ocupacional
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais A análise de fontes documentais afonda nas dimensións teóricas e legais dalgunhas temáticas do programa e no coñecemento de recursos para o deseño do programa de orientación ocupacional. Nesta metodoloxía diferéncianse dous momentos e dúas modalidades de traballo, que se relacionan coas fases da clase invertida:
a) Fóra da aula, traballo individual (lectura e/ou visionado dos documentos e/ou recursos audiovisuais.
b) Nas aulas interactivas, posta en común e traballo grupal no deseño dos distintos apartados do programa de acción socioeducativa (PAS).


Presentación oral Consiste na presentación e defensa no grupo clase do PAS. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables.
Discusión dirixida É unha actividade optativa que orma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" Tátase dun auto-diagnóstico invididual e grupal sobre a propia situación socilolínguúística no que se valoran a competencia, os usos e crenzas lingüísticas. A partir deste autodiagnóstico reflexivo e compartido terán que formular os retos relativos ós usos e mellora da competencia ós que se comprometen no cuadriamestre. A partir dos preconceitos e estereotipos detectados realizarase unha discusión dirixida. As conclusións desta actividade terán que quedar reflectidas por escrito. Ao final do cuadrimestre terán que facer un balance sobre os retos acadados. Esta actividade puntúa até 1 punto na cualificación como actividade optativa.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa ten un carácter transversal na medida en que está presente na maioría das "metodoloxías" descritas, principalmente no traballo tutelado.
Sesión maxistral
O método expositivo vai ser utilizado para presentar as temáticas relacionadas cos subretos do ABP
Traballos tutelados Consiste no deseño dun programa de acción socioeducativa (PAS) para un grupo de persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social, atendendo ós requerimentos dunha convocatoria pública simulada. É unha proposta interdisciplinaria na que participa a materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables. O produto é o deseño dun programa de acción socio-educativa para a inclusión social e laboral (PAS) no que se integran as achegas das dúas materias. O produto principal para a materia de orientaciòn ocupacional é o deseño dun programa de orientaciòn ocupacional. Esta tarefa é grupal e nela converxen a aprendizaxe colaborativa e a análise documental.
Proba mixta Constará de preguntas curtas de análise e reflexión sobre os contidos teóricis e de cuestións prácticas relacionadas cos distintos elementos do programa de orientación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes