Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Orientación ocupacional
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A3 A actividade de estudos de caso consiste na elaboración dun itinerario de formación para dúas persoas que previamente teñen que ser caracterizadas en relación cos niveis de formación, expectativas e intereses, lugar de residencia, etc.
Esta actividade é grupal, máximo catro persoas.
10
Simulación A6 A8 A9 A14 A15 A18 A20 A21 B4 B5 C3 Actividade grupal. Consiste no deseño de actuacións para a inserción laboral requeridas nunha convocatoria pública simulada. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción Socioeducativa con Minorías e Colectivos Vulnerables. A súa finalidade é promover a aprendizaxe autónoma e colaborativa baixo a tutela e seguimento da profesora. 40
Proba mixta A2 Integrará preguntas de resposta breve e de resolución de casos prácticos relacionados cos estudos de caso ou coa actividade de simulación. 50
 
Observacións avaliación
Requisito para superar a materia

Para superar a materia é imprescindible obter a metade da cualificación outorgada a cada unha das dúas actividades que computan na avaliación

.
Convocatoria de xullo

Na
convocatoría de xullo só se valora a proba mixta que incrementa o seu valor até
10.

 

Avaliación das actividades grupais

As actividades grupais van ser obxecto de autoavaliación e coavaliación. Os resultados desta última vai reflectirse na cualificación

correspondente a cada unha.


Actividades optativas

Coa realización de actividades optativas poden obterse até   dous puntos.  Para poder realizar estas actividades o alumnado debe de  comunicarllo a profesora as  que quere realizar,  como moi tarde , na última semana de setembro.



Modalidade de  avaliación para  as  persoas que non podan asistir as aulas

Aquelas persoas que, por razóns debidamente acreditadas non podan ter
unha asistencia superior ó 85%, poden acollerse a unha modalidade
de avaliación específica. Para poder optar  esta modalidade   hai que contactar,  a máis tardar  o 18 de setembro ou cando se produza a circunstancia que impida a asistencia ás aulas. 
coa docente para concretar as actividades de avaliación e o proceso de
supervisión e seguimento. Neste caso  o alumnado, a maoires das actividades acordadas, ten que realizar un  informe sobre as aprendizaxes e competencias adquiridas.

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes

As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse, o uso
de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen
declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo
14.4 da

Normativa académica de avaliacións, cualificacións e
reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de
2013

,  que  establece “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non
orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación
expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a,
poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"

Os contidos incluídos nos traballos deben estar 
referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as
normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas
APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas
que se re-elaboran.

Plaxio

O plaxio en calqueira das  actividades da avaliación será motivo  de suspenso.

Falsificar  unha sinatura

Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro  ausente será  penalizado coa perda de avaliación continua.

Copiar nos exames

O uso  indebido  de información durante os exames tamén  será motivo de suspenso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes