Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Orientación ocupacional
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A3 A5 A6 A8 A9 A14 A21 B1 B4 B6 C1 C3 C7 Actividade grupal. Consiste no deseño dun programa de acción socioeducativa (PAS) para un grupo de persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social, atendendo ós requerimentos dunha convocatoria pública simulada. Os criterios de avaliación son os seguintes:

a) Integración na fundamentación teórica e legal das temáticas abordadas na análise documental: xustificación no marco institucional - plans para a igualdade e para a inclusión social xerais ou específicos do colectivo-; análise do carácter estrutural da exclusión laboral e da súa relación cos cambios na norma social do emprego; análise dos factores que dificultan a inserción laboral do colectivo para ó que se destina o PAS e relación coa empregabilidade; barreiras de xénero que limitan a empregabilidade; xustificación e caracterización da estratexia metodolóxica; incorporación da visión de xénero (por que, para que e como ); e conceptualización da orientación ocupacional.

b) Accións para a inserción laboral: cobertura en relación cos factores que están a obstaculizar a integración laboral; integración da perspectiva de xénero nas distintas fases do programa e nos elementos das accións; formulación de obxectivos e organización dos contidos; coherencia entre obxectivos, metodoloxía, actividades e avaliación; sinerxia entre as accións destinadas á inserción social e á inserción social; descrición pormenorizada das actividades.
c) Aspectos formais: calidade lingüística, utilización da lingua galega, presentación (índice, paxinación, marxes, tamaño da letra...) e utilización das normas APA.
d) capacídade de análise, síntese, integración e transmisión da información procedente das dúas materias.
60
Proba mixta A2 A8 A9 Integrará tres preguntas de resposta breve e unha de análise, valoración e re-diseño dos obxectivos e contidos dun programa de orientación ocupacional.

O alumnado poderá escollar entre a proba mixta e un portafolio.
35
Prácticas a través de TIC C3 Con esta actividade desenvólvense competencias dixitais da área de información (buscar, seleccionar, etiquetar e almacenar). Trátase de crear un marcador social no que se recompilen recursos dixitais de interese para a futura inserción laboral do estudantado e para a praxe da orientación ocupacional.

Criterios de avaliación: cantidade de recursos incorporados, etiquetas axeitadas, descrición e valoración dos recursos.

Ademais do marcador social poderán construír outro artefacto dixital da súa escolla, neste caso relacionado coa área de creación de contidos.
5
 
Observacións avaliación
Requisito para superar a materia

Para superar a materia é imprescindible obter a metade da cualificación outorgada á proba mixta (ou a súa alternativa)   e á actividade de simulación.

Convocatoria de xullo (segunda oportunidade)

Na segunda oportunidade recuperanse as  partes non superadas. 

Actividades optativas

Coa realización de
actividades optativas poderán obter até dous puntos. Durante  o mes de setembro  o alumnado interesado debe inscribirse en moodel no apartado correspondente.  As actividades optativas van ser catro:  

a) Construción dun artefacto dixital da  súa escolla

b)  Actividades de auto-orientación ( autocoñecemento, exploración do mercado profesional,  das posibilidades de  prácticas, de voluntariado e das opcións de formación de posgrao e complementaria.

c) Informe  con noticias e artigos de análise recollidas da prensa e relacionadas coas temáticas  abordadas na materia.   

d) Auto-diagnóstico reflexico sobre a súa situación  sociolingüística e  balance dos retos acadados en relación coa competencia e cos usos.


Modalidade de avaliación para as persoas que non podan asistir as aulas 

As persoas con matrícula a tempo parcial  e dispensa académica  poden acollerse a unha modalidade específica de avaliación na que  é  imprescindible o seguimento e supervisión das  tarefas propostas. Neste caso, as actividades de avaliación son :

a) a proba mixta (30)

b) deseño dun programa de orientación ocupacional (40)

c)  informe sobre as  aprendizaxes  e competencias desenvolvidas na materia (30).

O alumnado que, por razóns debidamente acreditadas, non  asista ó 85% das aulas poderá  acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para optar  esta modalidade terá  que  solicitar unha  titoría para  valorar  as circunstancias  e concretar as actividades de avaliación e o proceso de supervisión e seguimento.

COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN GALEGO 
 
A competencia lingüística en galego tamén vai ser obxecto de  avaliación na presentación oral e nas actividades  escritas grupais e individuais.  O seu peso na cualificación final pode sumar até  1 punto. 

LINGUAXE INCLUSIVA

É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva.


FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA 

Citación de fontes

Os contidos incluídos (texto literal e parafraseo)  nos traballos deben estar 
referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as
normas APA 6ª edición.   

Plaxio

O plaxio en calquera das  actividades da avaliación será motivo  de suspenso. Así  o establece o artigo  14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"

 
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC:  https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual

Copia no exames ou na laternativa ó exame (portafolio)

O uso  indebido  de información no exame  será  motivo de suspenso. 


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes