Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Orientación ocupacional
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A5 A8 A9 A14 A21 B4 C1 C3 C4 Consiste no deseño dun programa de orientación ocupacional para un grupo de persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social. Os criterios de avaliación son os seguintes:

a) Integración na fundamentación teórica das temáticas abordadas na análise documental: conceptualización da OO, integración do enfoque de xénero, metodoloxía e avaliación.

b) Deseño do programa: formulación de obxectivos; organización e secuenciación de contidos; coherencia entre obxectivos, metodoloxía, actividades e avaliación; descrición pormenorizada das actividades e selección de recursos.
c) Aspectos formais: calidade lingüística, utilización da lingua galega, presentación (índice, paxinación, marxes, tamaño da letra...) e utilización das normas APA e a citación xusta.

Os criterios de avaliación e cualificación van ser presentados nunha rúbrica de entrada única que estará dispoñible no campus virtual desde o inicio do curso.
65
Proba mixta A2 A5 A8 B1 C1 As preguntas de resposta breve puntúan o 70% do valor da probo. O 30% restante corresponde a cuestións de tipo práctico relacionadas co deseño do programa de orientacion ocupacional. 30
Presentación oral B1 B6 C1 C3 Presentación grupal do programa de orientación ocupacional, que vai ser obxecto de co-avaliación polo resto dos grupos. Para facilitar a coavaliación vai ser elaborada, consensuadamente co alumnado, unha escala de valoración. 5
 
Observacións avaliación
Requisito para superar a materia

Para superar a materia é imprescindible obter a metade da cualificación  en cada unha das dúas tarefas que computan na avaliación: 3,3 no programa de orientación e 1,25 na proba mixta. A non realización dunha das dúas tarefas implica a cualificación de NP. No caso de  ter suspensa unha das partes, a cualificación será a da  parte non superada.

Segunda oportunidade
Na segunda oportunidade recupéranse as partes non superadas (programa orientación e proba mixta). As actividades optativas só se poden entregar na primeira oportunidade. 

Coavaliación do traballo tutelado e da presentación oral 
 A participación de cada persoa no traballo tutelado vai ser obxecto de coavaliación polo resto das persoas do grupo. Os resultados desta avaliación trasladaranse á cualificación individual do alumnado. 
 A presentación oral do programa de orientación ocupacional vai ser avaliada polo resto dos grupos a partir dunha matriz de valoración, previamente consensuada co alumnado.

Actividades optativas

Coa realización das actividades optativas pode obterse até 1,5 puntos. As actividades optativas  están relacionadas  coa lingua galega, coas propias  necesidades de orientación, coa análise de novas  e coa almacenaxe de recursos dixitais. 


Modalidade específica de avaliación para persoas non asistentes 

O alumnado con  dispensa académica ou que non asista regularmente a clase pode acollerse a unha modalidade específica de avaliación na que é imprescindible o seguimento e supervisión das tarefas. Para estes casos,  mantense o deseño do programa de orientación e o exame substitúese por un informe de aprendizaxe, sobre o que se realizará un exame oral.   O  resto das actividades de avaliación son as mesmas. Para acollerse a esta modalidade é imprescindible contactar coa profesora  antes do 20 de setembro. 

LINGUAXE  INCLUSIVA E CITACIÓN XUSTA

 A linguaxe inclusiva é de uso obrigado.

 Co obxectivo de visibilizar as autoras nas referencias bibliográficas, recoméndase utilizar a  citación xusta, para a que se poden consultar  as seguintes fontes: 

  • https://infoguias.biblioteca.udc.es/c.php?g=653851&p=4979900
  •  https://biblioteca.uoc.edu/ca/plana/Estil-APA/

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA 


Citación de fontes

Os contidos incluídos (texto literal e parafraseo)  nos traballos deben estar 
referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as
normas APA 7ª edición. Para visibilizar as autoras. seguíranse as indicacións para unha citación xusta.  

Plaxio

O plaxio en calquera das  actividades da avaliación será motivo  de suspenso. Así  o establece o artigo  14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"

 
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC:  https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes