A materia optativa Orientación e políticas de emprego aporta coñecementos imprescindibles para os profesionais da educación social interesados no ámbito da inserción socio-laboral, entre outros, sobre as medidas e políticas de emprego, a caracterización do mercado laboral e o coñecemento do entramado institucional europeo, estatal e galego con competencias no ámbito do emprego e da formación. Esta materia ademais de aportar coñecementos profesionais axuda a facer unha lectura comprensiva e crítica sobre o mercado laboral , sobre as políticas de austeridade que se están aplicando e as súas consecuencias en termos de inequidad social, de incremento das desigualdades sociais. |