Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A1 A2 A3 A14 B6 Esta proba busca responder a preguntas de certa amplitude valorando as seguintes capacidades: razoamento (argumentar, establecer sinerxías, etc.), síntese, creatividade e orixinalidade, espírito crítico e redacción. Implica, polo tanto, un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
50
Presentación oral A14 B6 C3 A presentación e defensa do Programa de Acción Socioeducativa será avaliado pola docente (heteroavaliación), polo grupo aula (coavaliación), e polo propio grupo (autoavaliación), atendendo aos criterios que se establezan conxuntamente. Entre eles: a orde na exposición; a claridade e corrección lingüística; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; a coherencia no discurso, a linguaxe non verbal e utilización do espazo; a creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...); e o uso de recursos.
A valoración do traballo presentado terá carácter grupal. Será por elo preciso que cada grupo estableza unhas normas de autorregulamento mínimas que faciliten a dinámica de traballo.
10
Simulación A2 A3 A5 A7 A8 A9 A20 A21 B2 B3 B4 B5 B6 C3 C6 C7 Avaliarase segundo os criterios indicados na convocatoria pública simulada. Ademais, valorarase: o afondamento nos contidos; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; aspectos formais relativos á calidade da presentación. 40
 
Observacións avaliación

1.- A asistencia e participación nas sesións de aula e actividades prácticas sinaladas considéranse obrigatorias nunha universidade presencial como é a Universidade da Coruña. Aquelas alumnas e alumnos que, por razóns debidamente acreditadas (de saúde, laborais ou de conciliación), non podan ter unha asistencia sistemática (por encima do 85%), poderán optar a unha modalidade de avaliación específica, sempre que o comuniquen á docente en horario de titorías para a súa oportuna e axeitada consideración. Nestes casos, establécense as seguintes actividades de avaliación: Ensaio reflexivo (30%); Proba de ensaio (70%). As pautas e criterios de avaliación están recollidas no documento de avaliación colgado no Moodle.

2.- O cómputo global da nota final require que a proba de ensaio e a simulación (ou ensaio reflexivo) obteñan unha cualificación de aprobado (5). En caso contrario, só figurará na cualificación final a correspondente ao exame. As actividades superadas só se gardarán durante a convocatoria anual.

3.- Todos os traballos presentaranse en formato dixital (PDF) a través do Moodle. Non se aceptará ningún traballo do que a docente non teña constancia da súa realización.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes