Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A2 A3 A5 A8 A14 B2 C1 C3 No portafolios entregaranse as prácticas grupais realizadas e solicitadas durante o transcurso da materia (20 puntos): entrega en tempo e forma e calidade na realización de cada actividade en función dos criterios que se definan en cada unha; e un informe de autoavaliación individual (20 puntos), no que se valorará a capacidade de análise e reflexión en relación ás aprendizaxes; o grao de profundidade e argumentación; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; e a utilización das fontes documentais da materia. 40
Presentación oral A14 B6 C1 C3 A presentación e defensa do Programa de Acción Socioeducativa será avaliado pola docente (heteroavaliación), polo grupo aula (coavaliación), e polo propio grupo (autoavaliación), atendendo aos criterios que se establezan conxuntamente. Entre eles: a orde na exposición; a claridade e corrección lingüística; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; a coherencia no discurso, a linguaxe non verbal e utilización do espazo; a creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...); e o uso de recursos.
A valoración do traballo presentado terá carácter grupal. Será por elo preciso que cada grupo estableza unhas normas de autorregulamento mínimas que faciliten a dinámica de traballo.
10
Simulación A2 A3 A5 A7 A8 A9 A20 A21 B2 B3 B5 B6 C1 C3 C6 C7 Avaliarase segundo os criterios indicados na convocatoria pública simulada. Ademais, valorarase: o afondamento nos contidos; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; aspectos formais relativos á calidade da presentación. 50
 
Observacións avaliación

1.- A asistencia e participación nas sesións de aula e actividades prácticas sinaladas considéranse obrigatorias nunha universidade presencial como é a Universidade da Coruña. Aquelas alumnas e alumnos que, por razóns debidamente acreditadas (de saúde, laborais ou de conciliación), non podan ter unha asistencia sistemática (por encima do 85%), poderán optar a unha modalidade de avaliación específica, sempre que o comuniquen á docente en horario de titorías para a súa oportuna e axeitada consideración. Nestes casos, establécense as seguintes actividades de avaliación: Proba de ensaio (50%) e Ensaio reflexivo (50%). As pautas e criterios de avaliación específicas destas dúas actividades figuran no documento colgado no Moodle. Avaliarase o ensaio reflexivo só no caso de superar a proba. En caso de non superala, a nota final corresponderase coa da proba de ensaio valorada sobre 100%.

2.- O cómputo global da nota final require que todas as actividades de avaliación obteñan unha cualificación de aprobado (5). As actividades superadas só se gardarán durante a convocatoria anual.

3.- Todos os traballos presentaranse en formato dixital (PDF) a través do Moodle. Non se aceptará ningún traballo do que a docente non teña constancia da súa realización.

4.- O alumnado que, tendo recoñecida a condición de estudante a tempo
parcial e solicitara no Decanato a dispensa académica -tal como se
establece na "Norma
que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia ea
progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na
Universidade daCoruña"
(aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016)-, terá que asistir a unha titoría na que concretar a porcentaxe de asistencia mínima e as metodoloxías de avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes