Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Métodos de avaliación de programas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A6 A14 A19 A21 B1 B6 C1 C6 Proba escrita na que entrará toda a materia (clases expositivas + clases interactivas).

O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas - 1.

- Preguntas curtas: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da respuesta á pregunta formulada.
20
Portafolios do alumno A6 A14 A19 A21 B1 B2 B6 C6 C8 As actividades incluídas na metodoloxía docente (aprendizaxe colaborativa, experiencia de APS) realizaranse nas clases interactivas. O alumnado deberá recoller o resultado de cada actividade nun documento, que será entregado ao finalizar as clases. Poderánse formar grupos para traballar de forma conxunta.

Dito documento deberá reunir as seguintes características:

- Portada (institucional)
- Índice paxinado
- Estruturación do portafolio por actividades tendo en conta os seguintes aspectos: instrución da práctica, desenvolvemento da práctica e resultados acadados, conclusión.
- Reflexión final sobre os contidos, atendendo a: valoración persoal das prácticas con respecto á práctica profesional, apreciacións persoais sobre as titorías realizadas (dentro e/ou fóra do horario), valoración da temporalización do desenvolvemento das prácticas, outros aspectos a considerar.

A docente realizará un seguimento das prácticas que se vaian elaborando por cada grupo e indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo co fin de que na proba mixta da materia o alumnado sepa realizar as prácticas sen problema. Son, por tanto, materia de exame.
80
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é preciso ter aprobado todos os traballos realizados na clase, así como todas as actividades de avaliación.

Os e as estudiantes non asistentes, porsen en contacto coa docente para establecer a metodoloxía de avaliación da materia.

Terase en conta a presentación dos traballos, o formato, a redacción, as faltas gramaticales e as ortográficas. A detección dalgún deles suporá un punto menos na nota final.

A copia e plaxio de traballos será causa de suspenso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes