Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Métodos de avaliación de programas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Resumo B1 B2 B6 Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames. 20
Proba mixta A6 A19 A21 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.

- Preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento, que, no caso da asistencia a aula, o alumnado desenvolverá dentro da metodoloxía de aprendizaxe colaborativa nas aulas interactivas e coas que poderá acadar anticipadamente o 40% da cualificación da materia. De non desenvolvelas na aula, as entregará na data de exame oficial fixado pola Xunta de Facultade.

- Preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Realizaranse na data de exame oficial fixado pola Xunta de Facultade e suporá o 40% da cualificación da materia.
80
 
Observacións avaliación

CARACTERÍSTICAS DA AVALIACIÓN:

A avaliación nesta asignatura concíbese como un proceso reflexivo onde o alumnado toma conciencia de sí mesmo e das súas metas e a docente convértese en guía que orienta de cara a acadar uns obxectivos formativos. Neste sentido, proponse unha avaliación orientada á mellora que comporta o seguinte:

- As actividades realizadas para a avaliación serán tamén útiles para a aprendizaxe.

- Proponse a proalimentación co fin de que o alumnado saiba coñecer ónde está e mellorar o seu traballo e a súa aprendizaxe.

- O alumnado implicarase na avaliación do seu traballo, tendo a autoavaliación un espazo da materia.

- Flipped Classroom (tamén coñecido como aula invertida) como metodoloxía que destaca o desenvolvemento do pensamento crítico, a mellora sustancial en competencias implicadas no razonamento, e o aumento da integración das aprendizaxes.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:

Na avaliación da materia, a cualificación obterase da aplicación das porcentaxes de ponderación sinaladas. A non realización ou a non obtención da puntuación mínima nalgunha das dimensións desta avaliación, suporá a non obtención da dita porcentaxe da cualificación e a conseguinte non superación da materia. Na segunda convocatoria, conservaranse as cualificacións superadas na primeira, polo que o estudantado só deberá someterse aos procedementos nos que non teña obtido a puntuación mínima esixida (50% en cada caso). En terceira e sucesivas convocatorias, a avaliación deberá repetirse na súa totatlidade.

NOTA: A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios que tamén serán tidos en conta polo profesorado, polo que será necesario que o alumnado con este tipo de réxime de dedicación, o informe ao profesorado e concerten a maneira na que se desenvolverá o seu proceso de ensino-aprendizaxe. Os e as estudiantes non asistentes, deben porse en contacto coa docente para establecer a metodoloxía de avaliación da materia.

OUTROS CRITERIOS A TER EN CONTA:

- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Será primordial e obrigatoria a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación) gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.

- No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes