Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Intervención psicolóxica nas discapacidades
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A4 A5 A6 A8 A9 A11 A12 A21 Valorarase a asistencia e a participación do alumnado nas sesións interactivas xa que por mor do covid non haberá expositivas 5
Traballos tutelados A2 A3 B1 B2 B5 B6 C8 Valorarase a entrega dun portfolio sobre o traballo personal sobre a figura de cada un como educador no que se analizarán e reflexionarán sobre os puntos fortes e febles que cada un temos para saber potenciar os primeiros e desenrolar os segundos para saber como inflúen nas nosas intervencións cos usuarios que teñamos. 30 puntos

Tamén se pedirán traballos sobre diversos contidos. 15 puntos
45
Proba mixta A1 A4 A5 A8 A9 A11 Valorarase o grado de comprensión dos contidos e a capacidade para relacionar os coñecementos entre si, seleccionando coherentemente os que deben ser utilizados para responder adecuadamente ás cuestións solicitadas.

35
Discusión dirixida B3 B4 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C7 Valorarase a participación do alumno baseada en argumentos contrastados e tamén a través dunha actividade de Clase Invertida que se levará a cabo nas interactivas e onde por grupos terán que expoñer un tema relacionado coa diversidade funcional


15
 
Observacións avaliación

Será obrigatoria a asistencia ás clases interactivas para a admisión dos traballos e clases prácticas. Os alumnos terán que entregar un portafolios coas actividades realizadas para presentarse ás probas mixtas de avaliación.

Excepción: O alumnado que, tendo recoñecida a condición de estudante
a tempo parcial, teña solicitado no Decanato a dispensa académica. Ver Norma*

O alumno nesta situación deberá asistir ás clases teóricas ou prácticas, segundo a súa dispoñibilidade. A avaliación será coa proba mixta cunha valoración sobre 10 puntos.

* Segundo a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudio e a permanencia e a progresión dos estudantes de grado e mestrado universitario na
Universidade da Coruña" (aprobada en Consello de Gobierno de 28 de xuño de 2016). No artigo 6 defínense os dereitos que ten o alumnado matriculado a tiempo parcial, entre outros: "a disfrutar dun
réxime de asistencia a clase e carácter flexible e a solicitar dispensa
académica especial" en tanto non afecte ao proceso de avaliación do estudante. Específicamente sobre a dispensa, o artigo 7.5 recolle que
"exime da asistencia a clase daquelas materias, ou partes de
materias, nas que se admita a citada dispensa na súa guía docente".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes