Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Técnicas de recollida e análise da información
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Técnicas de recollida e análise da información Código 652G03026
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
Profesorado
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
Web http://https://www.udc.es/es/centros_departamentos_servizos/departamentos/departamento/?codigo=D162
Descrición xeral A realidade socio-educativa do educador/a social é complexa, diversa e difícil de analizar, describir e interpretar, por iso é necesario, que ao longo da súa formación académica, adquira unha serie de competencias que lle permitan desenvolver a súa posterior actividade profesional. Por tal circunstancia, a aprendizaxe e aplicación de diversas metodoloxías de investigación, que se planifican nesta materia, permitirá nun futuro ao educador/a social seleccionar a máis adecuada para solucionar os problemas que se encontrará no seu próximo ámbito laboral. Sen esquecer que o/a educador/a social dentro do seu ámbito laboral terá que investigar para poder achegar posibles solucións que melloren o contexto no que se desenvolva a súa actividade laboral. A diversidade de concepcións epistemolóxicas aplicables ás distintas situacións sociais será fonte de información para o/a investigador/a social, permitíndolle determinar cal é a máis adecuada para solucionar o problema ao que se enfronta. Non se pretende establecer unha prelación ou unha orde de importancia entre os variados modos de investigación, senón que é o problema de investigación o que determinará a elección dunha metodoloxía ou outra, facendo dela a máis válida para este tipo de problema. Todo isto non ten sentido se non nos preguntamos e respondemos á pregunta: que queremos conseguir. Son moitos os instrumentos que podemos utilizar para obter datos e, por elo, é necesario ter coñecemento do amplo abano de posibilidades. Un bo/boa profesional será aquel/a que saiba optar, en cada circunstancia, polas técnicas e instrumentos que mellor se adapten á situación. Por iso, é necesario afondar no coñecemento e no dominio das distintas ferramentas que temos á nosa disposición. Así, nesta materia iránse analizando as principais técnicas e instrumentos que poden ser aplicadas ao ámbito socioeducativo, indicando as súas características fundamentais, as vantaxes e inconvenientes que presentan e as circunstancias ou momentos máis adecuados para poñelas en práctica.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes