Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Técnicas de recollida e análise da información
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clase impartidas polas profesoras, nas clases expositivas, sobre os contidos xa citados no apartado de “contidos” desta guía docente. Esta metodoloxía utiliza exclusivamente a palabra e a vista como vía de transmisión da información a todo o grupo. Nalgúns casos, poderase complementar a información con exemplos prácticos e/ou recursos audiovisuais.

Neste materia, o alumnado terá as referencias bibliográficas para consultar ou, tamén, para completar ou seguir a exposición das docentes.
Prácticas a través de TIC A metodoloxía empregada é a Análise da información informatizada. E dicir, emprego de programas informáticos tanto cuantitativos como cualitativos tanto para o deseño do instrumento como recollida e análise da información. O desenvolvemento desta actividade de análise será complementario á metodoloxía de solución de problemas.
Estudo de casos Esta metodoloxía empregarase para a realización das prácticas correspondentes aos temas 1 e 2 dos contidos da materia.
Presentarase ao alumnado un caso práctico por grupo e deberán aplicar os coñecementos teóricos adquiridos nas sesións expositivas á resolución das diferentes partes dun caso. O alumnado disporá das clases interactivas para realizar as actividades encomendadas e terá que incorporalas todas xuntas nun documento único que denominará “Técnicas de Recollida da Información”, e que será entregado na data estipulada polas docentes.

Solución de problemas Esta metodoloxía utilízase unicamente para o tema 3 dos contidos da materia. O alumnado disporá das clases interactivas e o traballo autónomo para realizar as actividades encomendadas e terá que incorporalas todas xuntas nun documento único, que denominará “Análise da Información” que será entregado na data estipulada polas docentes.
Análise de fontes documentais Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise destes. Esta metodoloxía pódese empregar: como introdución a un tema, como instrumento de aplicación, para explicar procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Aprendizaxe colaborativa Esta metodoloxía combínase con outras metodoloxías como análise de fontes documentais, estudio de casos, solución de problemas, prácticas a través das TIC etc. Todos estes procedementos serán guiados de FORMA PRESENCIAL e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación. Para a súa realización configúranse grupos pequenos (entre 5-6 persoas. NON SE ADMITEN OUTRAS POSIBILIDADES), e lévanse a cabo durante todas ás clases interactivas da materia.
Proba mixta Proba utilizada para a avaliación das aprendizaxes tanto das clases expositivas como interactivas. Conta de dúas partes:

a) Parte técnicas: refírese aos contidos teórico (sesións expositivas) abordados polas docentes ao longo dos temas 1 e 2 polas dos contidos da guía docente.

b) Parte análise: será unicamente o que o/a profesor/a expón e traballe co alumnado no tema 3 do apartado contido desta materia.

As preguntas destas partes poden ser directas ou afirmacións incompletas, mesmo preguntas con varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións. Pero só unha e a máis correcta. NESTA PROBA AS RESPOSTAS INCORRECTAS RESTARÁN ÁS CORRECTAS.

Dado que existen dúas partes (Técnicas e Análise), será IMPRESCINDIBLE para superar a proba mixta acadar, como mínimo, acadar a metade da calificación en cada unha das partes (por exemplo, se cada parte ten un valor de 5 puntos, deberá acadar un mínimo en cada una das partes).
A materia supérase cando se supera todas as partes e NUNCA se gardará algunha das partes para outras convocatorias (é dicir, se o/a estudante presencial non supera a proba da 1ª convocatoria, deberá someterse á proba final cun peso do 100% e, polo tanto, non se lle terá en conta a cualificación do dossier de avaliación continua).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes