Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Técnicas de recollida e análise da información
   Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas a través de TIC
Proba mixta
Estudo de casos
Sesión maxistral
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Na atención personalizada, as docentes resolverá as dúbidas que teña o alumnado sobre os diferentes temas a traballar na materia. Pero ademais calquera dúbida que poida xurdir para a solución de problemas, na aprendizaxe colaboradora, a análise de fontes documentais no estudo de casos e nas prácticas a través de TIC. Durante estas sesións, realizarase un seguimento do traballo do estudantado, supervisando e orientando mais directamente o proceso a seguir en cada unha das actividades realizadas.

Esta atención personalizada realizarase no despacho do profesorado (P1A15 e P1A19) no horario de titorías. Este horario está colgado no taboleiro que está no despacho das profesoras, na páxina web do departamento e na Facultade de Ciencias da Educación.

A atención personalizada realizarase cara a cara entre o estudantado e as docentes. O estudantado debe solicitar a ATENCIÓN PERSONALIZADA (TUTORIA) vía Campus Virtual, a través da plataforma habilitada a tal efecto e onde debe especificar o seu nome completo. Lembrade que as profesoras son as que marcarán o horario de dita titoría. Se o estudantado non solicita por ese medio a titoría, as profesoras non o atenderán baixo ningunha circunstancia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes