Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Técnicas de recollida e análise da información
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A19 B2 C1 Esta tarefa está destinada a un único contido da materia (Tema 3). Coa mesma inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías, como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas (fichas guiadas), etc. Pero tendo presente que con ela o/a alumno/a desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto so se levará a cabo cando se explique o tema 3.

As docentes presentarán os apuntes deste tema (a través de Campus Virtual); nas clases expositivas explicarán con solucións de problemas ditos apuntes; nas clases interactivas presentarán prácticas guiadas para que o alumno/a as realice. PARA TODO ISTO, O/A ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.

O/a alumnado deberá realizar todas as prácticas propostas e incorporalas nun documento único, a modo de dossier, que entregará ás docentes no prazo establecido, baixo o nome de “Técnicas de análise da información”. Se se suspende este documento deberá presentarse como estudante non presencial ou non asistente a aula (ver a súa avaliación).
Este documento soamente servirá para a avaliación continua (significa que: quen aprobe a proba mixta (en cada unha das partes saque un 5) contarase a avaliación deste documento; quen teña unha parte da proba mixta aprobada cun 5 pero a outra chegue a un mínimo, a avaliación deste documento pode axudar a aprobar).

A avaliación deste documento non servirá senón aprobo cun 5 as partes da proba mixta ou non chegue a un mínimo nalgunha desas partes.

Nota importante: os/as estudantes non presenciais non deben presentar dito documento, pero é recomendable realizalo e aproveitar as titorías para preguntar sobre o mesmo (na avaliación da materia caeran preguntas sobre o mesmo).
25
Proba mixta A5 A6 A13 A19 A21 B1 B2 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C8 O exame da 1ª e 2ª convocatorias (xuño e xullo) é o que fai referencia a avaliación desta metodoloxía e consta de dúas partes:

1-Parte TÉCNICAS constará dun número de ítem de resposta aberta, ou de resposta breve ou de verdadeiro e falso pero xustificando (o tipo de preguntas o determinará o profesoado). Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 5 sobre 10 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí (non se garda nota de ningunha parte, en ningunha convocatoria, se se suspende).

2-Parte ANÁLISIS. Esta parte consta de varios problemas estatísticos ou preguntas de respostas breves ou preguntas de verdadeiro e falso (o profesorado será o que decida o tipo de preguntas). Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 5 sobre 10 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí.

En ambas partes (parte Técnicas e parte Análise) as preguntas incorrectamente contestadas restarán. As docentes, antes de finalizar o período lectivo poderán realizar un simulacro de dita proba, no horario de clase da materia. A asistencia a este simulacro non é obrigatoria


NOTAS ACLARATORIAS:

O exame debe estar aprobado para que se teña en conta a avaliación continua. Para aprobar é imprescindible que se cumpran ambos os dous seguintes requisitos:
(a) se acaden 5 puntos ou máis na proba mixta; e
(b) que se chegue, como mínimo, á metade do valor que ten cada una das partes (parte técnicas e parte análise).
Se se suspende algunha das partes (non se alcanza a puntuación mínima para aprobar) ou ben se non se supera a avaliación continua (dosiseres), o alumnado debe ir á seguinte convocatoria con todo. NON SE GARDAN PARTES DE NINGÚN EXAMEN DUNHA CONVOCATORIA PARA OUTRA OU OUTRAS CONVOCATORIAS.
A data dos exames das convocartorias están marcados por Xunta de Facultade, por lo tanto, non se moven.
50
Estudo de casos A6 A13 A21 C1 Esta tarefa está destinada aos contidos da materia (Tema 1 e 2). Coa mesma inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas (fichas guiadas), etc. Pero tendo presente que con ela o alumnado desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión das docentes. Todo isto so se levará a cabo cando se explique o tema 1 e 2.

As docentes presentarán ao alumnado os apuntes deste tema (a través de Campus Virtual); nas clases expositivas explicará con casos ditos apuntes; nas clases interactivas o profesorado presentará prácticas guiadas (fichas guiadas) para que o alumnado as realice PARA TODO ESTO O ALUMNADO DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.

O alumnado presencial ou asistente a aula deberá realizar todas as prácticas propostas e incorporalas nun documento único, a modo de dossier, que entregará ao docente no prazo establecido, baixo o nome de “Técnicas de recollida da información”. Se se suspende este documento deberá presentarse como estudante non presencial ou non asistente a aula (ver a súa avaliación).
Este documento soamente servirá para a avaliación continua (significa que: quen aprobe a proba mixta (en cada unha das partes saque un 5) contarase a avaliación deste documento; quen teña unha parte da proba mixta aprobada cun 5 pero a outra chegue a un mínimo, a avaliación deste documento pode axudar a aprobar). E

A avaliación deste documento non servirá senón aprobo cun 5 as partes da proba mixta ou non chegue a un mínimo nalgunha desas partes.

Nota importante: os/as estudantes non presenciais non deben presentar dito documento, pero é recomendable realizalo e aproveitar as titorías para preguntar sobre o mesmo (na avaliación da materia caeran preguntas sobre o mesmo).

25
 
Observacións avaliación

 

Na avaliación da materia (exposta no apartado da guía
docente, denominado "Paso 7: Avaliación") terase en conta antes de
nada o seguinte:

a) ESTUDIANTES QUE ASISTAN SEMPRE A CLASE (ou alumnado
con dispensa académica) (estudantes presenciais)
 considéranse que asisten un
80%, isto equivale a non ter máis de 3 faltas sen xustificar. Xustifícase as
faltas médicas (con xustificante correctamente cuberto por un médico colexiado)
e as faltas por un traballo (con xustificante correctamente cuberto no traballo
onde se xustifique que en horas de clase se está a traballar) ou calquera outra
falta sempre co documentación homologado. 

A avaliación destes alumnos ten en conta o
seguinte: 1-A proba mixta;2-O estudo de casos e 3-Solución
de problemas. 

Todo o alumnado ASISTENTE OU PRESENCIAL debe superar a
avaliación continua (dossieres) para poder someterse a proba mixta nas
condicións que se explican para este grupo de estudantes. A avaliación continua
equivale o 50% da nota final da materia (sendo necesario chegar ao mínimo do
25% para considerar que esta parte se superou). Igualmente, é imprescindíbel
acadar un mínimo de 25% sobre 50% na proba mixta para considerar superada está
avaliación (atendendo a necesidade de chegar a un mínimo en cada parte,
técnicas e análises, tal como se especificou no apartado correspondente na guía
docente)

b)ESTUDANTES QUE NON ASISTAN SEMPRE A CLASE
(estudantes non presenciais)
 considéranse que non asisten cando faltan máis
dun 80%, é dicir, ten máis de tres faltas sen xustificar, ou ben ten máis de
dúas faltas nunha das partes da materia (técnicas de recollida e/ou análise da
información). Se xustifica as faltas médicas (con xustificante correctamente
cuberto por un médico colexiado) e as faltas por un traballo (con xustificante
correctamente cuberto no traballo onde se xustifique que en horas de clase se
está a traballar) Tamén pode ser aquel estudantado que así opte dende o inicio
da materia (o primeiro día de clase o profesorado presentará esta opción que o
estudantado pode elixir).

Estes/as estudantes se presentarán ás probas da 1ª e
2ª convocatoria. Se recomenda que o estudantado realice os dous traballos da
materia (“Técnicas de recollida da información” e “Análise da información”) de
forma autónoma, posto que estes serán avaliados na proba final da materia
(50%), xunto cos contidos teóricos propios da proba mixta (50%).

NOTA IMPORTANTE:

Todo os/as estudantes matriculadas nesta materia,
antes da presentación da materia ou o mesmo día da presentación da materia (a
presentación SEMPRE É PRESENCIAL), deben realizar varias tarefas. Unha desas
tarefas é seleccionar a modalidade de aprendizaxe (se é estudante asistente a
clase ou non asistentes a clase). Se o/a estudante non realiza está tarefa
igual que outras (no campus virtual) NO PERÍODO MARCADO POLAS PROFESORAS serán
consideradas/os estudantes NON ASISTENTES A CLASE (as profesoras enviaran
correos electrónicos a través do campus virtual os/as estudantes deben estar
atentos/as.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes