Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Practicum I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Practicum I Código 652G03027
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 12
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos Para matricularse no Prácticum I é necesario ter superados 90 créditos.
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Coordinación
Digon Regueiro, Alba Patricia
Correo electrónico
patricia.digon@udc.es
Profesorado
Arza Arza, Neves
Cruz Lopez, Laura
Ferradás Canedo , María del Mar
Iglesias Galdo, Ana Maria
Reig Botella, Adela Milagro
Rodriguez Romero, Maria del Mar
Serantes Pazos, Araceli
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
laura.cruz@udc.es
mar.ferradasc@udc.es
ana.iglesias@udc.es
adela.reig@udc.es
mar.rromero@udc.es
araceli.serantes.pazos@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=practicum
Descrición xeral CORREO-E: practicum.educacion@udc.es Créditos e presencialidade Dos 12 créditos ECTS da materia (300 horas), o 45% son de carácter presencial (135 horas) e o 55% de traballo autónomo (165 horas) Das 135 horas de carácter presencial, 125 horas desenvolveranse nas institucións colaboradoras (25 horas semanais), e as 10 horas restantes adicaranse a sesións informativas e titorías na Facultade. Durante o desenvolvemento do Practicum I suspenderase a docencia no resto das materias correspondentes ao segundo cuadrimestre do terceiro curso da Titulación. Contextualización No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación dos plans de estudo acorde cos requirimentos do novo Espazo Europeo de Educación Superior, posto en marcha no 1999 coa Declaración de Bolonia e que destacaba a importancia de reforzar a investigación-innovación-educación para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito: “Os títulos de Grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art.9.1), de tal maneira que contempla a posibilidade de establecer prácticas externas que virían a “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecendo a formación…..proporcionando un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (Preámbulo) (RD 1393/2007, de 29 de outubro, de Ordenación das enseñanzas universitarias oficiais). O propósito central da materia Practicum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, facilitando que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais, senón tamén asignarlle un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes que se usen para poñer en funcionamento a investigación. Trátase de situar a práctica profesional no centro da formación, como elemento a ter en conta no exercicio profesional, onde a reflexión sobre a experiencia converta dita experiencia en fonte de aprendizaxe, incrementando a capacidade de aprender con autonomía, potenciando a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construcción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes