Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Practicum I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A14 A20 B5 C1 C4 C7 C8 O/a titor/a da Facultade avaliará a participación do alumnado nos seminarios cos seguintes criterios:
- Asistencia a todas as sesións presenciais
- Calidade das achegas á hora de expresar dúbidas razoables, expoñer ideas enriquecedoras e compartir experiencias de interese etc.
10
Saídas de campo A11 A1 B6 B5 C7 C1 O/a titor/a da institución colaborador/a realizará a avaliación de implicación e actuación do alumnado no centro/aula 45
Portafolios do alumno A14 B2 C4 O titor/a da Facultade realizará a avaliación do contido do portafolio cos seguintes criterios:
- Capacidade de relación teoría-práctica.
- Dominio conceptual e capacidade analítica.
- Capacidade para relacionar ideas e accións.
- Capacidade de argumentar e fundamentar.
- Expresión escrita propia e claridade expositiva.
- Capacidade de descripción de escenarios, situacións e accións.
- Capacidade de autoavaliación e autocrítica.
- Orixinalidade da proposta.
45
 
Observacións avaliación

a) Requisitos para superar a materia:


1.       Para aprobar a materia será necesario superar os seguintes elementos da avaliación: practicas socioeducativas e portafolios.


b) Elementos da avaliación que se poden recuperar na segunda oportunidade de avaliación (xullo):


1.       As practicas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas mesmas na oportunidade de xuño, mantense para a oportunidade de xullo. Isto supón que un suspenso nas mesmas na oportunidade de xuño implica a non superación da materia.


2.       Os seminarios non se poden recuperar, polo que a cualificación obtida nos mesmos na oportunidade de xuño, mantense para a oportunidade de xullo.


3.       O portafolios pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere o portafolios na oportunidade de xuño terá a ocasión de melloralo para a oportunidade de xullo, conservando sempre as cualificacións dos demais elementos da avaliación.


c) Cualificacións:


1.       A cualificación final será a media das puntuacións obtidas en cada un dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo.


2.       No caso de non superar algunha das partes de obrigatoria superación da materia, a nota final será a nota da parte non superada.


3.       Non realizar as practicas socioeducativas estando matriculado na materia supón un Non Presentado.


4.   Non presentar o portafolios tendo as prácticas socioeducativas superadas supón obter como máximo a cualificación de 4, que se corresponde con un 10 nas prácticas socioeducativas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes