Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Antropoloxía da educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A1 A2 A4 A5 A8 A11 B1 B5 B6 C1 C4 C6 C8 A cualificación do libro de lectura farase mediante a resposta do alumno a unha cuestión que lle sexa prantexada sobre o mesmo, acompañada dun breve fragmento. A cualificación máxima será de 2 ptos.
Valorarase o nivel de comprensión e síntese do libro leído, a conexión que se estableza entre o seu contido e o conxunto da asignatura, a claridade expresiva e conceptual, e a argumentación da valoración persoal.
20
Sesión maxistral A1 A2 A4 A5 A8 A11 A16 B5 B6 C3 C4 A cualificación da actividade académica desenvolvida nas sesións maxistrais está incorporada na da proba mixta, pois nesta o alumno terá que demostrar a súa asimilación dos contidos abordados tanto nas sesións maxistrais coma nos seminarios. 0
Seminario A1 A2 A4 A5 A6 A8 A11 A12 B1 B4 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C8 A cualificación do traballo de seminario, que inclúe a lectura previa polo alumno dos textos e a elaboración polo alumno de 3 comentarios (sobre 5 fragmentos que lle serán propostos e que estarán extraídos dos textos traballados nos seminarios), faráse do seguinte xeito: tres cuartas partes corresponderán á cualificación dos comentarios, cuha puntuación total de 3 ptos. (1 pto. de calificación máxima por cada comentario) e a cuarta parte restante valorará a asisntencia e participación do alumno nas sesións de seminario, correspondéndolle unha cualifiación máxima de 1 pto. 40
Proba mixta A1 A2 A4 A5 A8 A11 A16 B1 B6 C1 C4 C6 C8 A proba mixta constará dun fragmento a comentar (extraído dos textos obxecto de análise nas sesións de seminario), cuxa cualificación máxima será de 2 ptos., e dunha cuestión teórica a desenvolver (referida ós contidos abordados tanto nas sesións maxistrais como nas de seminario), cuxa calificación máxima será tamén de 2 ptos. 40
 
Observacións avaliación

Esquema do reparto da cualificación do alumno (sobre unha cualificación máxima de 10 ptos.): a) PROBA MIXTA: 4 ptos. de cualificación máxima, dos cales 2 correponderán ó comentario e outros 2 á resposta á cuestión teórica; b) SEMINARIO: 4 ptos. de cualificación máxima, dos cales 3 corresponderán os 3 comentarios entregados (1 ptos. por comentario) e 1 pto. que valorará a asistencia e participación nas actividades da aula; c) LECTURA.- 2 ptos. de cualificación máxima; calificarase por medio da resposta que o alumno dé a cuestión que, a partires dun fragmento da obra elexida, se lle propoña; o alumno respostará xunto coa proba mixta, pero haberá dúas cualificacións distintas (a da proba mixta -4 ptos.- e a do libro de lectura -2 ptos.).


Na segunda oportunidade (Xullo) mantense os criterios anteriores, coa salvedade de que o punto reservado á asistencia e participación na aula istribuirase entre as outras tres cualificacións parciaais, dacordo coa súa aportación proporcional á cualifiación global.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes