Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Recursos e estratexias para a intervención no tempo libre
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A exposición maxistral é moi reducida, sendo que esta se complementa con actividades de aprendizaxe cooperativa, de construción de coñecemento a partir de lecturas previas, buscando que o alumnado se sitúe fronte aos contidos abordados e constrúa saber.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
As propias ferramentas empregadas preséntanse como estratexias de traballo na dinamización da participación social e comunitaria no ámbito do tempo libre, polo que se coida a reflexividade sobre a propia técnica de aprendizaxe.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto. O alumnado sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión.
Discusión dirixida A partir de lecturas previas, e empregando estratexias de debate en pequeno grupo, o alumnado debaterá sobre temas que suscitan o seu interese e que os confronta coa realidade social e profesional (a vivencia dos tempos, a experiencia do lecer, etc.)
Lecturas Conxunto de textos e documentación escrita que permiten afondar nos contidos traballados. En ocasións as lecturas deberán realizarse de forma previa, para permitir o traballo activo do alumnado na sesión de clase.
Aprendizaxe servizo Contando coa colaboración dunha entidade social (non necesariamente específica para o tempo libre pero que traballe o lecer), o alumnado terá que desenvolver unha actividade de tempo libre. Para iso, debe ter en conta os factores que afectan á experiencia de lecer do colectivo (previamente abordada) así como os factores institucionais, enmarcando a súa acción dentro dos proxectos desenvoltos pola entidade.
Simulación Baséase na solicitude de elaboración dunha programación de tempo libre propondo situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes