Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Recursos e estratexias para a intervención no tempo libre
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A5 A7 A9 A21 Valórase a presenza e implicación no desenvolvemento das clases, tanto prácticas (dinámicas de xogos, habilidades comunicativas, obradoiro de animación teatral...) como teóricas así como nos encontros con experiencias e profesionais do sector 10
Aprendizaxe colaborativa A20 Actividades de aprendizaxe colaborativa que acompañan os contidos da materia, desenvoltas tanto nas sesións de clase como no traballo autónomo do alumnado e que, normalmente, implican lecturas previas. 20
Estudo de casos B1 B3 B4 Valorarase as achegas razoadas do alumno/a. A súa capacidade de ligar os coñecementos desta e doutras materias, a madurez nas reflexións, a referencia a lecturas e a propia bagaxe experiencial do alumno/a. 35
Aprendizaxe servizo A1 A5 A6 A7 A9 A15 A19 A20 A21 B1 B3 B6 C5 Implica a elaboración e, de ser o caso, posta en marcha dun programa de lecer, vinculado ao traballo desenvolto por unha entidade social. É de carácter grupal.
Valórase a programación desenvolta e a dinamización realizada.
35
 
Observacións avaliación

As persoas que non acadan un mínimo do 80% das sesións presenciais
ou que dispoñan de dispensa académica por motivos xustificados, de querer
superar a materia deberán comunicarllo ao docente no primeiro mes de clase e:

Realizar un traballo que comprende: estudo de caso (30%), recensión a partir das lecturas (30%); elaboración dunha
programación (40%). A realización dunha titoría a inicio de curso será, para
estas persoas, de obrigado cumprimento en consenso co/a profesor/a, insisto.

 







Na
realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal,
incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa
procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada
causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das
responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o
correspondente procedemento

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes