Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Orientación e políticas de emprego
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno B2 Os criterios de avaliación estarán relacionados cos resultados de aprendizaxe a adquirir, e que se terán que trasladar a este portafolio 100
 
Observacións avaliación

ASISTENCIA

  • A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria.
  • O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala na seguinte sesión.
  • Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia, terá unha cualificación de non presentado na primeira oportunidade. A asistencia xustifícase en base a que unha boa parte das actividades de avaliación desenvolvense na aula. Na oportunidade de xullo realizará un exame teórico e práctico. Tamén se poderá acordar a realización dalgunhas actividades.
  • Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto, cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación e o proceso de supervisón e seguemento.

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA

  • A cualificación final será o resultado da puntuación obtida no portafolio do alumnado
  • Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación no portafolio. Cando non se realice a cualificación será non presentado. Na segunda oportunidade deberán de facerse a actividade de avaliación non superada.
  • O portafolio do alumnado é unha actividade individual e conterá os seguintes apartados:
  • Aprendizaxes adquiridas na materia (que sabía /que aprendín, en qué seguir formándome)
  • Relación/vinculación coas distintas materias cursadas no grao.
  • Achegas da materia para a observación e análise durante o Practicum
  • Reflexións sobre a materia e aspectos a mellorar

FALTA DEINTEGRIDADE ACADÉMICA: Ausencia decitación de fontes

  • As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse. O uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013, que establece “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
  • Os contidos incluídos nos traballos deben estar referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran.

PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades da avaliación será motivo de suspenso.

FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Asinar na folla de asistencia por un/unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua.

COPIA NOS EXAMES: O uso indebido de información durante os exames tamén será motivo de suspenso.

NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS ERECLAMACIÓNS

https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes