Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Orientación e políticas de emprego
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno B2 O portafolio estará formado por todos os exercicios que se vaian facendo ao longo da materia, máis unha valoración final por parte do alumnado das aprendizaxes realizadas na materia. Os traballos a incorporar son:
- Análise semanal do DOG durante o período lectivo. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente, por cada unha das políticas que se publican. Valorarase a presentación, a síntese da información contida na ficha, e o número de políticas recompiladas.
- Exposición semanal de políticas de emprego. Exposición por parellas de unha ou varias políticas de emprego asignadas ao chou con tratamento dos contidos determinados polo profesorado.
- Exercicio de autocoñecemento. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a profundidade da análise.
- Exercicio de ficha ocupacional. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a profundidade da análise.
- Exercicio de análise da formación. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a profundidade da análise.
- Exercicio de mapas conceptuais. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a síntese da análise.
- Exercicio sobre ferramentas de busca de emprego. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a síntese da análise.
- Exercicio de valoración final. Aprendizaxes adquiridas na materia (qué sabía, que aprendín, en qué seguir formándome). Relación/vinculación das aprendizaxes realizados coas materias cursadas no grao. Aspectos da materia observados no Practicum I e aspectos da materia a observar no Practicum II. Reflexións sobre a materia e aspectos a mellorar.

Os criterios de cualificación serán proporcionados o primeiro día de clase, na presentación da materia.
100
 
Observacións avaliación






A asistencia ás sesións é obrigatoria e se xustifica en base
a que as clases son moi interactivas e se traballan aspectos procedimentais e
actitudinais que son necesarios para aprobar a materia, polo tanto, nesta
materia non procederá a dispensa de asistencia ao alumnado.

O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se
realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala no
prazo indicado na clase.  

Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia e/ou non presenta o portafolio, terá unha cualificación de non presentado.

A cualificación final será o resultado da puntuación obtida no portafolio
do alumnado, sendo indispensable obter a metade da cualificación para superar
a materia.  

Na oportunidade de xullo, o alumnado realizará un exame teórico sobre os contidos tratados na aula.


Será primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía,
acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados
como condición imprescindible para superar a materia.


PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades realizadas durante a
materia, incluído o portafolio, será motivo de suspenso. 


FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Asinar na folla de asistencia por un/unha
compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación
continua. 

Cualificación de suspenso na convocatoria en
que se cometa a falta e respecto da materia en que se
cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota
numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación
na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS
https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes