Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Practicum II
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Practicum II Código 652G03032
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 30
Idioma
Galego
Prerrequisitos Para matricularse no Practicum II é necesario ter superados 120 créditos e mais o Practicum I.
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Coordinación
Gómez Sánchez, Tania Fátima
Correo electrónico
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
Profesorado
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Barba Núñez, María
Cruz Lopez, Laura
Cuevas Gonzalez, Lino Manuel
López-Cortón Facal, Ana María
Losada Puente, Luisa
Perea Vega, Gustavo Ariel
Rego Agraso, Laura
Rodriguez Romero, Maria del Mar
Rouco Ferreiro, Javier Francisco
Zapico Barbeito, Mª Helena
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
maria.barba@udc.es
laura.cruz@udc.es
lino.cuevas@udc.es
ana.lopez-corton@udc.es
luisa.losada@udc.es
gustavo.perea@udc.es
laura.rego@udc.es
mar.rromero@udc.es
javier.rouco@udc.es
helena.zapico@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=practicum
Descrición xeral CORREO-E: practicum.educacion@udc.es CRÉDITOS E PRESENCIALIDADE Dos 30 créditos ECTS da materia (750 horas), 370 son de carácter presencial e 380 horas de carácter non-presencial ou de traballo autónomo. Das 370 horas de carácter presencial, 350 horas desenvolveranse nas institucións colaboradoras (25 horas semanais), e as 20 horas restantes dedicaranse a sesións informativas e formativas, así coma titorías na Facultade. O Practicum II constitúe a única materia a cursar no primeiro cuadrimestre do cuarto curso. CONTEXTUALIZACIÓN No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación duns novos plans de estudo acordes cos requirimentos do Espazo Europeo de Educación Superior, posto en marcha no ano 1999 coa Declaración de Bolonia. Esta declaración salientaba a importancia de reforzar o trinomio investigación-innovación-educación, para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito: “Os títulos de grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art. 9.1), de tal maneira que considera a posibilidade de establecer prácticas externas que virían “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecer a formación… [e] proporcionar un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (preámbulo do RD 1393/2007, de 29 de outubro, de ordenación das ensinanzas universitarias oficiais). O propósito central da materia denominada Practicum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, para facilitar que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais. Tamén se lle asignará un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes necesarias á hora da investigación, co obxecto de situar a práctica profesional no centro da formación e como elemento para ter en conta na organización do currículo. Trátase de que a reflexión sobre a práctica converta esa experiencia en fonte de aprendizaxe, incremente a capacidade de aprender con autonomía e potencie a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes