Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Practicum II
   Contidos
Temas Subtemas
Os contidos que se abordarán nos diferentes destinos de prácticas estarán básica e intimamente relacionados cos campos profesionais da educación social e os labores inherentes a eles. Así, accións como identificar e analizar os factores contextuais que afectan aos procesos de intervención socioeducativa, detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificultan a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos ou desenvolver disposicións favorables ao traballo en contextos multiculturais e plurilingües etc. serán motivo de atención e titorización do alumnado polos respectivos titores/as. Enténdese que a inserción laboral é un campo con presenza nos distintos ámbitos profesionais da educación social.
De igual maneira, será de interese garantir a presenza do/a educador/a social en formación naqueles espazos laborais emerxentes en que se albiscaren posibilidades para o exercicio profesional.
Ademais, o Practicum II establece como contido o deseño, a implementación e avaliación de proxectos, programas e servizos, no marco dos ámbitos socioeducativos nos que se desenvolva:

1.Menores (desprotección e conflito social)
2.Diversidade funcional (Discapacidade)
3.Dinamización social – cultural –educativa
4.Drogodependencias
5.Mulleres. Políticas de igualdade
6.Educación ambiental
7.Inmigración e educación para o desenvolvemento
8.Educación de persoas adultas / centros para maiores
9.Servizos sociais
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes