Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Psicoloxía comunitaria
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B1 B6 Ademais do informe por escrito, os traballos tutelados deberanse expoñer en clase de forma oral, podéndose utilizar os apoios técnicos dispoñibles.
Esta exposición supoñerá o 20% da nota da materia.
20
Sesión maxistral A1 A5 Existirán clases presenciais que teñen un triplo obxectivo: por unha banda, o de sensibilizar e concienciar sobre os problemas sociais e acerca da importancia de posuír unha visión psicosocial comunitaria aplicada dos mesmos, por outro o de mostrar experiencias que se non se visionan é imposible que o alumno chegue a valorar a súa significación e importancia dentro da materia, e por último ofrecer resumos de contidos importantes dos temas que integran o programa. Comprenderán a exposición de exemplos e vivencias mediante medios audiovisuais e actividades de sensibilización e concienciación.
5
Proba de resposta breve A1 Se o alumno supera o resto das partes da materia, non será necesario que se presente ao exame. Neste caso, o 100% a avaliación da materia ser fará a través das outras metodoloxías, que aumentarán a súa ponderación na avaliación proporcionalmente.

O exame constará de catro preguntas sobre as presentacións do curso. Deberanse elixir e desenvolver dous das devanditas preguntas no espazo de unha páxina para cada una delas.
50
Simulación A5 A17 B3 B6 C4 Prácticas durante as sesións interactivas sobre os procedementos propios da disciplina. Utilizando os contidos expostos nas sesións maxistrais, os alumnos elaborarán propostas sobre os casos expostos polo profesor.
5
Traballos tutelados A1 A5 A6 A8 A9 A17 A18 B1 B2 B3 B4 B6 C4 C6 C8 O 20% dá avaliación da materia farase a través dun traballo tutelado que consta de dous partes.
A primeira versará sobre o estudo sobre un problema social desde o punto de vista da psicoloxía comunitaria (valorarase que sexa local).
A segunda consistirá no desenvolvemento hipotético dun plan de intervención comunitaria.
Este formato pode substituírse por un traballo en grupo que consiste na participación nunha investigación, con recollida, análise, e redacción dun informe sobre os datos.
20
 
Observacións avaliación

CONVOCATORIA ORDINARIA (1ª OPORTUNIDADE)

A nota final será a suma de todas as metodoloxías anteriormente indicadas. Será necesario aprobar a parte do exame teórico para poder superar a materia (2´5 sobre 5), a partir dese aprobado sumaráselle as actividades realizadas na parte interactiva. Todos os estudantes teñen que ter entregadas todas as actividades, antes del exame, para así poder ser avaliados.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA (2ª OPORTUNIDADE)

A nota da parte interactiva de Xuño gardarase para a convocatoria de Xullo.

Aquelas persoas que non aprobasen na convocatoria de xuño poderán gardar  a nota das outras metodoloxías para a portunidade de xullo, sempre e cando teñan dita parte superada. Se considerará superada cando se acade, a lo menos a metade da nota máxima para dita parte

Aquelas persoas que non se presentasen  ou non superasen ás metodoloxías: deberán realizar unha única proba que computará o 100% da nota, pudendo consistir dita proba en preguntas curtas. A cualificación de Non Presentado outorgarase no caso de que non se presente á proba mixta.

En segundas e sucesivas matrículas no computarán as cualificacións da parte interactiva dos cursos anteriores.

Implicacións do plaxio:

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

NON ASISTENCIA A CLASE/MATRÍCULA PARCIAL

-Para aqueles alumnos que por causas xustificadas non poidan asistir regularmente a clase, o alumno terá a posibilidade de presentarse exclusivamente á proba mixta final, nas datas sinaladas pola Xunta do Centro. A valoración neste caso da proba final será de 10 puntos. O alumno terase que poñer en contacto co profesor responsable da asignatura ao principio do cuadrimestre.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: o alumno debe comunicalo obligatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. O alumno terá a posibilidade de presentarse exclusivamente á proba mixta final escrita, nas datas sinaladas pola Xunta de Facultade. A valoración neste caso da proba final será de 10 puntos.

-Oportunidade adiantada de avaliación: O alumnado que se atope nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDC dispondrá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á recollida no proceso de avaliación. A valoración neste caso da proba final será de 10 puntos.


-A cualificación de matrícula de honra, de darse o caso de que haxa máis alumnos/as con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecida,  convocaráselles para a realización dunha proba específica de desempate, proba que consistirá nun novo exame de características similares ás da proba mixta, exame que se fixará en data e hora de acordo co os interesados/as. En caso de non existir ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha cualificación media superior a 9.0 requisito básico para optar á matrícula de honra, poderá optar a matrícula de honor despois de solicitalo ao profesor e mediante a superación da proeba anteriormente descrita. No caso de que non existan solicitudes expresas de opción a matrícula, o profesor se reserva a potestade de outorgarlas naqueles casos que, cumprindo o requisito mínimo, puidesen ser merecedores da matrícula pola aptitude e actitude mostradas durante o desenvolvemento da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes